Arquivo da categoría: Pilar Sampedro

Os días D (…do desembarco)

escritorasPilar Sampedro. Sempre ás voltas cos días d ou días D. Esta vez tócame falar do Días das Escritoras. Esta celebración vai pola sexta edición. Nace da Biblioteca Nacional deEspaña co obxectivo de reivindicar o labor e o legado das escritoras ao longo da Historia. Na Biblioteca Nacional, cada ano encárganlle o manifesto a unha escritora (neste, á poeta e filósofa Marifé Santiago Bolaños) Seguir lendo Os días D (…do desembarco)

E a dor a transitar polos país dos soños

DarioXohanCabanaPilar Sampedro. E a dor a transitar polo país dos soños”, foi a idea que me zumbou ao saber da morte de Darío Xohán Cabana. Porque ninguén quixera a terra tanto coma el, nin sequera Artur que a deixara perderse, entre orgullo e desvarío.

Volver a Galván en Saor é traelo de novo a esa gran ficción que bebe na materia de Bretaña e da fonte de Cunqueiro. Trasladar os cabaleiros á nosa toponimia, poñer a Merlín a residir entre nós, levar a Galván a Saor Seguir lendo E a dor a transitar polos país dos soños

Un premio a ter en conta

PuraeDoraVazquezPilar Sampedro. Hai premios que non dan acadado a difusión que merecerían aínda que só fose porque acadalos leva implícito a súa publicación, ademais dun importe económico importante. Hainos que, incluso, se subdividen ou multiplican porque unha vez seleccionado o texto ábrese un novo certame para escoller quen vai realizar a ilustración. Si, estou a referirme ao Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Pura e Dora Vázquez que promove a Deputación de Ourense en lembranza desas dúas irmás que foron pioneiras no campo da Literatura Infantil e Xuvenil Galega. Seguir lendo Un premio a ter en conta

Dous libros de literatura infantoxuvenil galega nos White Ravens

WhiteRavenPilar Sampedro. Acabamos de saber que dous libros de literatura infantil e xuvenil galega (LIXG) entraron este ano na Lista dos White Ravens (ou Corvos Brancos) da Biblioteca Xuvenil de Munich.

Si, teremos que dicilo unha vez máis. A nosa LIXG, que apenas conta con cen anos de vida, acadou un nivel de calidade que é recoñecido internacionalmente; así o demostra esta mención e outras como a Lista de Honra do IBBY ou o a inclusión en Los Mejores Libros para Niños y Jóvenes del Banco del Libro de Venezuela. Seguir lendo Dous libros de literatura infantoxuvenil galega nos White Ravens