Arquivo da categoría: Fidel Vidal

Caracois de Belvís, de Lupe Gómez

caracoisFidel Vidal. Os poemas que compoñen Caracois de Belvís, de Lupe Gómez, merecedores do II premio SELIC de Santiago de Compostela no 2019, “foron escritos como oracións espirituais ou cantares de amor”. Así o expresa a propia autora nun paseo pola serenidade da pedra magoada, en Belvís, desde onde a vista acolle unha Compostela que nos envolve. Un texto que xa forma parte do mapa poético da cidade. Cos ollos abertos dunha vaca, ou dunha becerra, abraiados por tanta fermosura do cotián, é como nos guía Lupe Gómez de ganchete a través das súas sorprendentes metáforas, no gume, a piques de romper o silencio de claustro Seguir lendo Caracois de Belvís, de Lupe Gómez

Conversas de escaparate. O mellor modelo

fidel 1Fidel Vidal. -Aínda non me vexo coa valentía de confirmar ou negar esa relación.

-Pero se acabas de o coñecer.

-A primeira vez que nos vimos resultou excitante. A forma de falar, o ton de voz, si, a súa fala resultoume sedutora.

-Estás ben segura de que falaba contigo?

-Sei que me adulaba pero non lembro con que discurso, só a dozura do seu dicir. Seguir lendo Conversas de escaparate. O mellor modelo