Fidel Vidal. Desde os lamentables “botellóns” das fins de semana, até quedar cos amigos para tomar “unha copa” (non “un prato”), está visto que o consumo de alcohol forma parte da nosa cultura. Se o alcohol non tivese tan desastrosos resultados, sería unha substancia marabillosa, ideal, xa que logo, a doses axeitadas, é quen de volver valente ao covarde e mesmo desinhibir o tímido para “entrarlle” á moza dos seus amores. Seguir lendo No centenario da “Lei seca”
Arquivo da categoría: Fidel Vidal
Aplausos (II)
Fidel Vidal. Os rituais son accións baseadas en crenzas relixiosas, ideolóxicas, ou mesmo por afeccións deportivas. Realízanse principalmente polo seu valor simbólico. Individualmente os ritos son propios de comportamentos compulsivos, como nos trastornos obsesivo-compulsivos (TOC). Freud apunta que os rituais permiten aos individuos que os practican liberalos Seguir lendo Aplausos (II)
Aplausos (I)
Fidel Vidal. Aplaudir, aplauso, do latín plaudere, significa ‘golpear’ unha man contra outra. Segundo o dicionario chámase aplauso ao acto ou efecto de aplaudir, é dicir, “de bater as palmas ou dar vivas de aprobación, de admiración, adhesión, etc”. Noutras acepcións, “aprobar con entusiasmo” ou “apoiar calorosamente”. É unha acción imprevista e franca de celebración diante dun acontecemento. Como país de aplaudidores, aplaudimos por case todo. Apláudese un gol de Messi, a interpretación dun actor, dun cantante, a resposta acertada dun concursante da tele, un bico dos noivos, o discurso –con abundantes interrupcións plausibles- dun político da nosa corda. Seguir lendo Aplausos (I)
Lingua de Eva e Adán, de Xavier Seoane
Fidel Vidal. Se vos queredes mergullar no mundo da creación poética, velaquí unha obra estimulante encol dun tema ateigado de misterios: Lingua de Eva e Adán. Sobre poesía e poetas, de Xavier Seoane (Espiral Maior, 2018). No Limiar adiántanos que, “á maneira de apuntamentos, ou de reflexións illadas, expóñense ideas, intuicións, dúbidas e interrogantes que poidan propiciar o diálogo sobre a experiencia poética”. Xavier Seoane, ademais de poeta, é un gran coñecedor da pintura e da literatura e un teórico que acerta en canta materia de orde cultural pon o seu saber. O que eu non sei é de onde saca o tempo para tamaña obra da que é autor. Talvez, como sucede coa poesía, “viva de “insomnio perpetuo”, en cita que recolle de René Char. Seguir lendo Lingua de Eva e Adán, de Xavier Seoane