Lingua de Eva e Adán, de Xavier Seoane

978849479067Fidel Vidal. Se vos queredes mergullar no mundo da creación poética, velaquí unha obra estimulante encol dun tema ateigado de misterios: Lingua de Eva e Adán. Sobre poesía e poetas, de Xavier Seoane (Espiral Maior, 2018). No Limiar adiántanos que, “á maneira de apuntamentos, ou de reflexións illadas, expóñense ideas, intuicións, dúbidas e interrogantes que poidan propiciar o diálogo sobre a experiencia poética”. Xavier Seoane, ademais de poeta, é un gran coñecedor da pintura e da literatura e un teórico que acerta en canta materia de orde cultural pon o seu saber. O que eu non sei é de onde saca o tempo para tamaña obra da que é autor. Talvez, como sucede coa poesía, “viva de “insomnio perpetuo”, en cita que recolle de René Char.

O libro pódese ler abrindo calquera páxina, xa que logo imos atopar pequenos (mais profundos e substanciosos) ensaios, como parágrafos, algúns case aforismos, que, pertencendo a unha mesma corda, gozan de autonomía. Divídese en nove partes, con títulos indicativos que nos guían por esa fraga creativa do verbo poético. Na primeira, Dunha estraña mazá, unha cita de Trakl: “Algo estraño é a alma sobe a terra”. Algo estraño. “Con palabras. Con lingua. Unha criatura que, como Paul Celan desexaba, non só non se sentiu paralizada polo silencio e o abraio das orixes, senón que foi quen de dicir o seu dicir” (p.15), En Poesía e ciencia, aborda temas como o “Progreso das artes”, e as verdades do creador, “Mente o poeta?”, ou certos matrimonios improbables noutros ámbitos: “O poeta pode casar, nas súas percepcións, Wittgenstein con Juan de la Cruz, a Lao Tsé con Darwin, a Saussure con Freud”. Todo coa palabra “e cun don de iluminación a través da mesma que non sabemos aínda moi ben como opera” (p.33).

Unha cousa é a obra e outra o artista. A polémica entre a vida dun autor e a súa obra vén ao caso cada vez que descubrimos comportamentos pouco santos de artistas que admiramos. Porque, como di en O poeta na polis, non sempre hai coherencia entre ambos, por exemplo en “San Juan de la Cruz e Santa Teresa, en Höldetlin, en Ketas, en Shellei, en Leopardi, en Rilke” (…) Vidas de poetas… “Cantas veces sería mellor non saber nada deles…” (p.47).

La Voz de Galicia

La Voz de Galicia

Da natureza da poesía, camiña da man de galegos –Rosalía, Cabanillas, Pimentel, Avilés de Taramancos, etc- e contén reflexións tan interesantes como “Emoción e razón”, “O intelecto non canta”, “Poesía e música”, “Poesía e gramática”, ou “Lingua de Eva. Lingua de Adán”, que comeza cunha frase de Hölderlin: “Poeticamente habita o home sobre a terra”. E tiña razón, homes e mulleres. “Tantos lugares onde as mulleres puideron amosar que tamén habitaban, poeticamente, a terra… a terra da que foran expulsadas” (p. 86).

Técnica e creación, abrangue desde a “cociña” de Maiakovski, ou como facer versos ou dar testemuña de “cánto traballo é necesario para a selección dunhas poucas palabras” (p. 102), até pregúntase: “É libre o verso?” Libre ou non hai que encarnar, como T.S.Eliot nos Catro cuartetos, “nada menos que en verso o que é a loita do poeta coa palabra” (p.103). Fala dos símbolos, da escritura automática. Nada lle queda atrás a Xavier Seoane: Tradición e modernidade, O Rei está espido, Ecos da tribo -presentes, entre outros, Luz Pozo e Xohana Torres-, introdúcenos nas modas, no vangardismo, no “Estalido da espiral surrealista”, nas capelas e nas seitas, “Poesía e loucura”, e mesmo nos “Novísimos da poesía galega”. A xeito de epílogo, o derradeiro apartado anúnciase cunha exclamación na que conflúen a realidade e o desexo: “Longa vida á poesía”. E longa vida a Xavier Seoane para seguirmos gozando dos seus poemas, da súa escrita.

5 comentarios en “Lingua de Eva e Adán, de Xavier Seoane

  1. Querido Fidel:
    Tal como lo expones en tan extensa y bien estructurada reseña, “Lingua de Eva e Adán” tiene que ser realmente una joya literaria. Otro atractivo del libro es poder leerlo abriendo por cualquier página. Habrá que esperar a que la situación en la que nos encontramos se normalice un poco para hacerme con un ejemplar. Espero tener ocasión durante el verano en Palmeira.
    En alguno de tus trabajos anteriores, si mal no recuerdo, hiciste mención de una frase de Wighensttein. En aquella ocasión me sonaba el nombre del filósofo y poco más. Hoy lo vuelves a mentar. Y mira por donde, ayer, tratando de organizar unos cuadernos olvidados, encontré unos apuntes -con anotaciones de mi cosecha- que había tomado durante una conferencia sobre el filósofo allá por el año 2003. Sentí pena de no haberlos encontrado antes y sobre todo de la fragilidad de mi memoria. Hasta le envié una copia por wassap a Magdalena para que viese el desastre que soy.
    Perdona por haberme salido del tema, pero me parecía importante mencionar lo ocurrido con Wittgenstein: conocer aunque sea de manera elemental su filosofía -sobre todo en cuanto a su experiencia de Dios con la que coincido profundamente-, apropiarme de alguno de sus aforismos por coincidir con mi pensamiento, para acabar sin saber siquiera de quién eran…
    Y volviendo a Xavier Seoane: es bien cierto que si no desligásemos la vida del artista de su obra, aviados íbamos… No sé si es preferible no saber nade de ellos o aceptarlos tal como son.
    Que disfrutes de bellos sueños.

    1. Miña prezada Carmen:
      Wittgenstein non usaba garavata. É a cousa que máis clara me quedou del, incluso máis que aquilo “do que non se pode falar mellor calar”. Un autor axeitado para experimentar, xunto con Lacan, unha “borracheira da palabra”, da que tanto gozo. Magnífico. Se ben eu perifiría que nos botase unha man o noso profesor Ricardo Losada.
      Seguro que o libro de Seoane vaiche gustar.
      Espero que sigades ben no confinamento. Apertas e saúde, moita saúde.

  2. ! Ai que risa Fidel ! Eres terrible.
    Sabes que Castro, (pero son bicoca )é o meu primeiro apellido?
    Bicos con barbija, ou con mascarilla que e o mesmo.

  3. Acabo de pasar o título “Lingua de Eva e Adán” á libreta cas iniciais C.D. Non, non son as americanas de Distrito Columbia, estas queren dicir “Débese Capturar”.
    Pero claro, será capturado cando nos deixen saír da casa; menos mal que aquí entre estas catro paredes que están esgrafiadas con tomo e lomo, nunca estamos carentes de acción no que as boas letras se refire.
    Moitas grazas, Fidel, pola recomendación.

    SOPAPOS non son EdUcAtIvOs.
    Mellor castos biquiños palmeiráns.

    1. Grazas a ti polas atencións e por tomares nota na libreta de iniciais C. D. (ou D. C., Documentos Crípticos?).
      Seguimos confi(n)ados.
      SOPAS E SAPOS ou SAPOS E SOPAS? Con EdUcAcIÓn
      Cast(r)os e bico(ca)s

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>