Fidel Vidal. Un pais de estrinxidos (velaí os abundantes anuncios de laxantes), no que non está ben visto falar de merda nin de cartos, como é quen de acumular rolos de papel hixiénico até baldeirar os estantes dos supermercados? Talvez por temor a perder a segunda parte gozosa da denominada fase anal, a seguinte ao alivio. Dos pecados sen pecar o mellor é o cagar, di o dito. Nomear cu, caca e peido dá en rir aos nenos. Un asunto de gran interese, xa que logo, unha vez que o neno é capaz de ir só, sen pedir axuda, supón para el un gran avance e un triunfo: o control de esfínteres. Freud sitúa a fase anal entre os dous e os catro anos aproximadamente, despois da oral e antes da fálica. Seguir lendo Papel hixiénico
Arquivo da categoría: Fidel Vidal
Pinocho (e V). De boneco a impostor
Fidel Vidal. Pinocho está ben avisado por Pepito Grilo que lle advirte das consecuencias de non obedecer: “Ai dos nenos que se rebelan contra seu pai e abandonan caprichosamente a casa paterna! Nada bo lles pode suceder no mundo, e máis pronto que tarde acabarán por se arrepentiren amargamente”. Con todo e iso Pinocho foxe da casa e non quere nin pisar a escola. A día de hoxe, a escola, como institución, e non só durante o chamado período de formación obrigatoria senón máis alá, forma parte dunha colectividade pedagóxica da que é imposible escapar. Seguir lendo Pinocho (e V). De boneco a impostor
Eloxio do encerro: os hikikomoris
Fidel Vidal. Non é infrecuente comprobar como a loucura se adianta ao futuro facendo real, polo menos na fantasía ou na imaxe, un soño humano. Por non lle quitar razón a unha megalomanía, lembrémonos dos variados Supermáns. E como sorríamos cando as nosas avoas despedían o presentador do telexornal da noite abanando as mans. Por non mencionar os guillados que, sen acompañante que o xustificase, falaban sós pola rúa. Hoxe, uns e outros, os raros son os que pasean calados, xa que logo máis que nunca e a cada pouco, vemos parolando soas, como consigo mesmas, ducias de persoas que non paran de latricar coa mirada perdida, ou, se acaso, coas pantallas dos seus teléfonos. Seguir lendo Eloxio do encerro: os hikikomoris
Pinocho (IV). Pobre de oficio
Fidel Vidal. A pobreza está presente ao longo da historia de Pinocho. É “o libro da pobreza, fermoso, un milagre para min”, así o define Roberto Benigni. Esta vez o actor interpreta a Geppetto no Pinocho de Matteo Garrone, película destacada na Berlinale 2020. “Son o único actor no mundo que fixo Pinocho e Geppetto”(La Repubblica, 23/02/2020). A palabra “pobre” aparece a cada pouco, para cualificar ao pobre Pinocho como ao pobre Geppetto, ou a moitos dos personaxes, poñamos o pobre raposo, cos que imos tropezar, mesmo para describir a situación económica e social na que viven. Unha sociedade na que non había nin que comer nin que vestir. Seguir lendo Pinocho (IV). Pobre de oficio