Fidel Vidal. A historia de Pinocho está ligada dunha forma verdadeiramente inxusta ao termo mentireiro. “Como digas mentiras vaiche medrar o nariz como a Pinocho”. Esa frase, o dicir mentiras, para a maioría da xente resume o conto do noso Pinocho, é inherente á súa esencia. Non en balde os primeiros arrepentimentos na confesión dun rapaz diante do cura adoitaban ser: “Dixen mentiras e desobedecín a meus pais”, coma se fosen os únicos pecados do mundo. Mentir e desobedecer, elementos base para o desenrolo da mala conduta humana, do mal camiño. E por detrás as ameazas que reprimen e pretenden anular o suxeito que as recibe. Seguir lendo Pinocho (III). Mentiras e verdades
Arquivo da categoría: Fidel Vidal
Pinocho (II). Como facer un fillo
Fidel Vidal. “Era unha vez un cacho de madeira”. Pinocho, antes de ser boneco era só madeira, leña, un pau que Maese Cereixa, o seu primeiro dono, pretendía partir a machadazos. Un tronco que, ao recibir os golpes, protestou laiándose: “Ai!”, queixouse a leña. Estamos no inicio da linguaxe como función comunicadora. No laio da materia, no lamento “mater” da madeira. A resposta materna desde o fillo como madeira e verdadeiro portador da nai. Paradoxal, si, mais o caso é que quen dá nome á nai non é a muller que xera un fillo senón o fillo que outorga título de nai a esa muller que o vai coidar, fose parido ou non do seu ventre. Seguir lendo Pinocho (II). Como facer un fillo
Pinocho (I). De Deus a Geppetto: a metáfora da arte
Fidel Vidal. A historia da arte vén ateigada de obras anunciando heroes, deuses e deusas, paisaxes, bodegóns, escenas bíblicas, acontecementos memorables, ou retratos, moitos retratos -tanto pictóricos como escultóricos- de personaxes e persoeiros que algúns pagaron para seren inmortalizados nunha obra asinada por un artista. Lembremos cadros e esculturas con figuras tan transcendentes como Xesús Cristo en todas cantas escenas poidamos imaxinar, ou a Saulo caendo do cabalo, e Vicarios sentados en cadeiras papais, e reis e raíñas de toda caste. Seguir lendo Pinocho (I). De Deus a Geppetto: a metáfora da arte
Foucault, unha Historia incompleta
Fidel Vidal. A Historia pódese escribir coido que con maior veracidade contando os avatares dos excluídos e marxinados, da xente anónima, en vez daqueloutra (propia dos libros de texto) cargada de fachenda e de poder, a dos amos que se encargan precisamente de clasificar, condenar e encarcerar. A outra, a que vai de encerrados e ignorados, descubre verdades ocultas, a realidade, como ben demostra Michel Foucault describindo o destino de dementes e presos –médicos e policías collidos da man-, na Historia da Loucura, unha arqueoloxía semántica e social dos tolos, ou en Vixiar e castigar, onde no cárcere, igual que no manicomio, o “panóptico” aparece como un avance estrutural. Seguir lendo Foucault, unha Historia incompleta