Pinocho (I). De Deus a Geppetto: a metáfora da arte

220px-PinocchioChiostri10Fidel Vidal. A historia da arte vén ateigada de obras anunciando heroes, deuses e deusas, paisaxes, bodegóns, escenas bíblicas, acontecementos memorables, ou retratos, moitos retratos -tanto pictóricos como escultóricos- de personaxes e persoeiros que algúns pagaron para seren inmortalizados nunha obra asinada por un artista. Lembremos cadros e esculturas con figuras tan transcendentes como Xesús Cristo en todas cantas escenas poidamos imaxinar, ou a Saulo caendo do cabalo, e Vicarios sentados en cadeiras papais, e reis e raíñas de toda caste. E lugares infernais onde pagar polos pecados cometidos ou a gloria celestial para os mellores. Un listado de temas que relatan e delatan por onde andan os poderes e os temores. Mais, noutrora, quen ousaría colgar dunha parede do salón as botas enlamadas que pintou Van Gogh?

Sabemos que hoxe en día unha paisaxe máis realista pode convivir a carón dun par de manchas, e unha escultura ecuestre darse a man co propio pedestal como asunto. Dentro dunha liña figurativa saltamos das Madonnas (as de Murillo chegaron reproducirse en latas de pemento) a copiar en lenzo viñetas tiradas dos tebeos (Lichtenstein), e da imaxinería de Cristo a Pinocho. A cousa da arte vai así, movéndose. Desta vez con Jim Dine, outro autor pop que tamén pertenceu ao movemento norteamericano do expresionismo abstracto, e deu en escoller, entre outras figuras (corazóns e Venus), a de Pinocho como emblema das súas esculturas. “Aos seis anos, estaba aterrorizado pola película sobre Pinocho”, confesa. Aterrorizado e entristecido, penso eu. O mesmo lle sucedía á nosa filla. Non era quen de vela sen botarse a chorar; de feito escapaba da sala para espiar desde a porta e, coa mesma, volta a laiar. Pinocho dáballe moita pena.

En orixe, o título da obra de Carlo Collodi (1826-1890) era Historia dunha marioneta, que remataba con Pinocho aforcado por uns asasinos. O público protestou e o xornal onde se publicaba por entregas (Giornale per i Bambini) forzou ao autor a escribir unha segunda parte: As aventuras de Pinocho, que termina ben, mesmo convertendo a Pinocho non só en neno de carne e óso senón nun neno bo e ben guiado. Nada que ver co Pinocho orixinal. Ese afán pedagóxico, segundo Sánchez Ferlosio, supón unha impostura que “violenta o relato literario” (G. Moncada, 2019):las-aventurasdepinocho-1-638 “Pinocho segue a ser aceptado, acollido, celebrado e amado entre nós, en toda a súa diferenza e singularidade, en toda a súa auténtica identidade de verdadeiro neno de madeira”. Italo Calvino dicía que en realidade estamos ante un “conto filosófico”.

Para Jim Dine –“o xigante da arte-pop”, que esta tempada (febreiro a xuño de 2020) expón no Palaexpo de Roma coa contribución do Pompidou de París-, trátase dunha figura recorrente que lle atrae desde cativo. Pinocho simboliza a “metamorfose” do proceso artístico e, sobre todo para alguén que traballa a escultura, a pintura, sen esquecer a palabra poética nin a poesía visual: “A relación que teño coas palabras é a mesma que teño cos obxectos e coa pintura. Todo vén do mesmo lugar do meu estómago” (R. Sotorrio, SUR, 2019). Unha historia, a de Pinocho que paga a pena, xa de grandes, lelo de novo. “Relino de adulto”, confesa Jim Dine, “e descubrín unha historia profunda. Geppetto, que toma un cacho de madeira e faino falar, é basicamente unha metáfora da arte” (La Reppubblica, 10/02/2020).

4 comentarios en “Pinocho (I). De Deus a Geppetto: a metáfora da arte

  1. Querido Fidel:
    Creía que al estar recluida en casa a causa del endemoniado cornaviros dispondría de tiempo para dedicarlo a la lectura de los interesantes artículos de Café Barbantia, pero, con el bombardeo de mensajes de familiares y amigos acerca de las medidas a tomar ante semejante pandemia, ando más escasa que nunca de ese regalo que sólo valoramos cuando vemos que se nos escapa.
    El personaje infantil que más impacto me causó de niña fue Pinocho. A mí también me daba mucha pena y conservo una sensación de tristeza y piedad ante el recuerdo de aquel niño de madera y de su creador, el viejo Gepetto. Cuando estuve en Praga –hace unos cuantos años- lo primero que vi en una tienda de souvenirs fueron unas preciosas marionetas de la figura Pinocho. No pude traen más de dos para mis nietos, porque eran caras y ocupaban bastante espacio.
    Me alegra que el héroe infantil de todas las época -aunque muchos niños de hoy ignoren su historia- fuese inmortalizado en la obra de Jim Dine. Espero que algún día se exponga en Madrid, cuando pase esta pesadilla que estamos viviendo.
    Como observo que habrá segunda parte, esperaré para responder de manera más filosófica a tu trabajo. Si soy capaz…
    Un abrazo agradecido por tan bonito artículo.

    1. Moitas grazas, prezada e querida Carmen.
      Unha boa compra esa de Praga, con dúas marionetas de Pinocho. Esperemos que pase pronto este pesadelo pandémico. Supoño que as novas xeracións coñezan a Pinocho, non en balde aí están as distintas versións cinematográficas, unha delas de hai ben pouco tempo e interpretada -desta vez como Geppetto- por Roberto Benigni.
      Haberá máis de dúas partes. O tema dá para moito.
      Saúde cunha aperta virtual (por aquilo do contaxio).

  2. Queridiño Fidel, hoxe non dispuxen nin duns momentiños para ti, pois tuven xente na casa, e non penses que cho digo para enmendarche a plana, non, viñeron unhas amigas e pasamos unhas horiñas falando do divino e do humano mentres o contido da botella de xerez “Tio Pepe” iba menguando o mesmo tempo que mollaban o pasteliño caseiro.
    Xa non podo decirche nada do fillo de Geppetto porque se me fai moi tarde para facer a cea, só que me gustou moito coma todo canto metes neste Café.
    moitos castos biquiños e LIMAS A MIL para acabar co mUrcIElAgO do coronavirus.

    1. Moitas grazas polas boas intencións, querida Magdalena.
      O Tío Pepe trae consigo estas formidables consecuencias.
      Finísimos e castísimos bicos libres de coronavirus. Mellor desde lonxe. Saúde.
      GAUdEncIO: OPORTO NO TROPO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>