Fidel Vidal. Etimoloxicamente cama significa “leito no chan”, de legh, “estar deitado”. Mais non estamos a falar desa focha onde repousar ou gardar e criar unha camada senón da cama como moble, e este como obxecto de inspiración artística ou mesmo como obra de arte. Seguir lendo A cama de Tracey Emin
Arquivo da categoría: Fidel Vidal
Unha regata de tolos (IV). Os vencedores
Fidel Vidal. Robin Knox-Johnston –con Moitessier “os dous homes máis felices a bordo dos seus barcos” (p.221)-, un dos mariños máis experimentados do grupo, no Suhaili nunca fixo uso do arnés de seguridade. A carga, ademais dos víveres necesarios -auga, carne, salchichón, zumes, verdura, queixo, etcétera-, levou consigo libros, algún sobre xadrez e, entre outros, Tristán Shandy, Tom Jones, Guerra e paz, Crime e castigo, e mesmo Historia da filosofía occidental. Seguir lendo Unha regata de tolos (IV). Os vencedores
Unha regata de tolos (III). O mal presaxio
Fidel Vidal. Unha das supersticións do mundo mariñeiro vai asociado ao nome e á cerimonia do bautismo do barco. Na ría de Arousa a maior parte das dornas varadas na praia lucían e locen un nome de muller, sobre todo o da esposa. Non é de bo agoiro que a embarcación se chame “Raio” ou “Vendaval” Seguir lendo Unha regata de tolos (III). O mal presaxio
Unha regata de tolos (II). O destino
Fidel Vidal. O mundo do mar non está libre de supersticións; lembremos a clásica de non elevar áncoras en venres (no noso ámbito o día de mal agoiro é o martes, “non te cases nin te embarques”), ou a de non meter mulleres no barco. Xa embarcados non é aconsellable mencionar os curas; tampouco se permite asubiar, a menos que desexes ser apisoado por unha calma chicha. Contra os malos presaxios están os amuletos: as restras de allos son os de maior uso e, especializados en amainar temporais, nada mellor que unha prenda de roupa interior feminina colgada do mastro maior. Seguir lendo Unha regata de tolos (II). O destino