Unha regata de tolos (IV). Os vencedores

cce71dbfaa9ee2547c80d8ace7d26050Fidel Vidal. Robin Knox-Johnston –con Moitessier “os dous homes máis felices a bordo dos seus barcos” (p.221)-, un dos mariños máis experimentados do grupo, no Suhaili nunca fixo uso do arnés de seguridade. A carga, ademais dos víveres necesarios -auga, carne, salchichón, zumes, verdura, queixo, etcétera-, levou consigo libros, algún sobre xadrez e, entre outros, Tristán Shandy, Tom Jones, Guerra e paz, Crime e castigo, e mesmo Historia da filosofía occidental. “O peor da navegación é sufrir de soidade, como a principal ilusión dun mariño está na sensación de seguridade” Nalgún intre Knox confesou sentirse “abatido e mollado” coa idea na cabeza de chegar a “un lugar seguro, quente e con boa compañía” (Unha regata de tolos, Peter Nichols, 2009, p. 109). Isto fixo que a prensa sospeitase dun posible abandono.

A narración de Knox-Johnston cruzando os Corenta Bruadores do cabo de Hornos dá arrepío. “Parece que pasaron anos desde que virei ao leste pero aínda foi o martes pasado, nin seis días”. “E aínda me quedan polo menos uns 150 máis”. Despois de 313 días de mar foi o primeiro é o único en alcanzar a meta e alzarse co premio da Golden Globe. O Sunday enviou a Knox á consulta do psiquiatra que o analizara antes de iniciar a viaxe, e o médico volveuno considerar “penosamente normal” (p. 305). As 5000 libras do premio entregounas a un fondo para soster a viúva e familia do desaparecido e malpocado Crowhurst.

O que segue podería estragar un final da obra. Daquela non continúes lendo. Porque o outro ganador, o auténtico ganador, chámase Bernard Moitessier, un navegante que xa tempo atrás embarrancara e naufragara dúas veces –un vagabundo polos mares do Sur-, perdendo os dous primeiros barcos. A ousadía de cruzar o cabo de Hornos a vela, despois de seis días con fortes temporais, e publicar o relato, este converteuse nun auténtico best-seller. Desde o Joshua ficou sorprendido ao contemplar diante súa unhas espirais de luz: era a aurora austral. Se para a maioría dos aventureiros cruzar o cabo de Hornos equivalía a subir o Everest, para Moitessier era alcanzar o Monte Olimpo: “Esta sensación era a conxunción totémica de tempo e espazo que sempre estiven buscando: non a meta da regata” (p. 225).

suhaili_3Por iso non nos estraña que, indo de primeiro con vantaxe, decidira non rematar. “Saír de Playmonth e regresar a Playmonth é como saír de ningures para volver a ningures” (p. 253). Despois de pasar o cabo de Hornos, en disposición de gañador batendo incluso a marca de Chichester, mais como non aceptaba o que lle viña enriba -“a gran recepción rodeado de iates e buques franceses coas buguinas a todo volume”-, decidiu non seguir adiante. A cuestión para Moitessier non era o éxito nin os cartos, que xa os tiña. “Estou farto de falsos deuses, sempre ao axexo, como as arañas, esperando para comerte o fígado ou chuparte a medula dos ósos” (p. 254). De aí que tomase a decisión que tomou. “Non quería perderse a si mesmo converténdose nunha celebridade”(p. 255). E abandonou a regata para seguir navegando por segunda vez cara ao extremo sur de África e continuar arredor do mundo. “A miña intuición é seguir a viaxe sen parar, cara ás illas do Pacífico, onde o sol loce radiante e hai más paz que en Europa (…) Continúo porque me sinto feliz no mar, e quizais porque quero salvar a miña alma” (p. 255). Nunha curta mensaxe metida nunha lata, enviada a través do petroleiro inglés British Argosy, e dirixida ao Sunday Times, expuña a súa filosofía da vida: “A aventura está no camiño non en chegar á meta.” (Moitessier)

2 comentarios en “Unha regata de tolos (IV). Os vencedores

  1. “Os dous homes máis felices a bordo dos seus barcos” y únicos habitantes de a bordo, iban bien acompañados, ni más ni menos, de León Tolstói y de Fiódor Dostoievski. Otros seguro que preferirían llevar en su camarote fotografías sicalípticas francesas. Sin duda gente inteligente Knox- Johnston y Moitessier.

    Ese temido ( con causa justificada ) Cabo de Hornos, fue el cementerio de muchos marinos, con sus permanentes fuertes vientos y gran oleaje. Gracias a la grandiosa obra de Fernando de Lesseps, pudo evitarse en gran medida la peligrosa odisea por esa ruta.

    Hay que tener un gran espíritu aventurero para adentrarse en esas hazañas marítimas tan peligrosas dentro de esas cáscaras de nuez.
    Ya sabes, querido Fidel, que también hay gente que practica el alpinismo en un afán muy humano de llegar cerca del cielo. Lo malo es que a veces llegan.

    Interesantísimas estas cuatro entradas de “Unha regata de tolos” y fantástica la frase de Moitessier con la que finalizas el artículo. A ver con qué nos sorprendes en la próxima.

    LA RUTA NOS APORTÓ OTRO PASO NATURAL y fue el mejor ArqUEtIpO deseado.

    Besiños palmeiráns, querido Fidel.

    1. A verdade, miña prezada e atenta Magdalena, é que nunca entendín de vez -mais podería explicala- a conduta dos aventureiros que arriscan a vida por unha aposta, ou por nada, polo feito de participar ou vivir unha experiencia -que non debe ser pequeno motivo- de tanto risco. Velaí están, os paradoxais “deportes de risco” de tanta sona na nosa sociedade de benestar.
      Saúde e que disfrutes desa fermosísima Palmeira.
      A SONA A NOSA nas cOnflUEncIAs

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *