Fidel Vidal. Veño de compartir unha aventura extraordinaria que tivo lugar no mítico ano de mil novecentos sesenta e oito: a primeira volta ao mundo en barco en solitario sen escalas. Saíron nove homes e regresou só un. (Unha regata de tolos, Peter Nichols, Ed. Juventud, 2ª ed., 2009). Trátase dunha obra recomendada por un amigo, un verdadeiro home de mar, ao que lle dá entrada esta frase de Joseph Conrad: “No mar atoparás de todo: só depende do espírito con que o procures. Seguir lendo Unha regata de tolos (I)
Arquivo da categoría: Fidel Vidal
Un bisté con patacas
Fidel Vidal. Non son o único que despois de pasada non máis dunha semana fóra da casa, e refírome a estar no estranxeiro, bota de menos a nosa cociña. Seguir lendo Un bisté con patacas
Leonardo da Vinci e as boas maneiras
Fidel Vidal. Despois de 500 anos da morte de “Il Genio”, en Trani, no Palazzo Beltrani, de abril a xuño, expóñense 40 obras inéditas nunca realizadas até o de agora. Anúnciao un titular do xornal La Stampa (07-04-2019) asinado por Fulvio Cerutti: “Exhibición en Trani do xenio Leonardo: 500 anos de marabillas entre arte, ciencia e filosofía”. O autor das pezas que se amosan nesa vila mariñeira da Apulia italiana asentada á beira do Adriático, é un enxeñeiro de Salento, Giuseppe Manisco, “que se aventurou na empresa, despois de ler As máquinas de Leonardo da Vinci, de Marco Cianchi”. Seguir lendo Leonardo da Vinci e as boas maneiras
14,73 con acento galego

Fidel Vidal. No Preámbulo da Constitución advírtese da necesidade de protexer os pobos de España “no exercicio dos dereitos humanos, as súas culturas e tradicións, linguas e institucións”. Deseguido convén recordar o punto 2 do Artigo 3 no que, canda o castelán, as demais linguas son “un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección”. Seguir lendo 14,73 con acento galego