Fidel Vidal. Bobok en ruso significa feixón, faba pequena, algo insignificante e cativo, mais tamén, seguindo os pasos dunha onomatopea, se se repite, pódese dicir da fala inintelixible, dun farfallar. Mesmo das derradeiras boqueadas dunha fala. Bobok -o conto máis hiperbólico e fantástico que escribiu Dostoievski-, segundo algúns autores (Nogales-Baena) puido influír no Pedro Páramo de Juan Rulfo, xa que logo, en ambos os dous, os mortos falan, os defuntos -mortos falantes-, conversan entre eles. Conversacións con trazos alucinatorios que o alcohólico Ivan Ivanych escoita no cemiterio e nos relata o que alí embaixo sucede. Seguir lendo Bobok, de Dostoievski
Arquivo da categoría: Fidel Vidal
A cor áspera do veludo, de Xulio Pardo de Neyra
Fidel Vidal. (Primeira lectura. Da lingua) A cor áspera do veludo (Xulio Pardo de Neyra, Toxosoutos, 2021), “artefacto literario susceptible de múltiples e poliédricas lecturas”, segundo comenta Ramón Nicolás no Limiar, mergúllanos nas fonduras dun léxico estimulante e atraente que, no meu caso, máis dunha vez levoume a botar man do dicionario, cousa que agradezo. Este poético artefacto amósase de facto como unha auténtica arte da letra, do verbo e da fala. Unha arte literal e mesmo da liteira onde con gusto xéranse os proxectos máis íntimos. Unha cor encorada na lingua e na boca capaz da fala e da blasfemia, do falo e da femia. Beber, succionar, chupar, morder, sorber, incluso afogar. Seguir lendo A cor áspera do veludo, de Xulio Pardo de Neyra
Conversas de escaparate. O que eu che diga
Fidel Vidal. -Dígocho tal como é.
-Para que te fíes das mosquiñas mortas.
-As cariñas de anxo sonche as peores.
-Estás ben certa do sucedido?
-A min non me van as medias tintas.
-Xa, pero paréceme demasiado.
-Eu non teño pelos na lingua, querida. Seguir lendo Conversas de escaparate. O que eu che diga
Da personalidade na arte
Fidel Vidal. A aposta naturalista na arte foi entendida como unha creación, unha crianza, tal e como fai a natureza, esquecendo que o ser humano se move dentro de parámetros distintos, derivados do aporte cultural que nos leva a encontrarnos nunha realidade -o mundo-, cualitativa e substancialmente distinta da natural-biolóxica. De igual forma que a planta, desde a semente, agroma, medra, ramifícase e florece, etcétera Seguir lendo Da personalidade na arte