Bobok, de Dostoievski

1462282Fidel Vidal. Bobok en ruso significa feixón, faba pequena, algo insignificante e cativo, mais tamén, seguindo os pasos dunha onomatopea, se se repite, pódese dicir da fala inintelixible, dun farfallar. Mesmo das derradeiras boqueadas dunha fala. Bobok -o conto máis hiperbólico e fantástico que escribiu Dostoievski-, segundo algúns autores (Nogales-Baena) puido influír no Pedro Páramo de Juan Rulfo, xa que logo, en ambos os dous, os mortos falan, os defuntos -mortos falantes-, conversan entre eles. Conversacións con trazos alucinatorios que o alcohólico Ivan Ivanych escoita no cemiterio e nos relata o que alí embaixo sucede.

Os mortos, aproveitando a inercia da vida, despois dunha semana, acordan e póñense en contacto coa veciñanza. Situación esta que dura uns tres meses até que podrecen, momento no que comezan a falar como o filósofo Platón, quer dicir, a emitiren verbas que ninguén comprende. “Bobok, bobok”, e canto máis feden peor se entenden. Entre medias uns e outros, ao vérense libres da censura que recibían en vida, onde todo é mentira (“vida e mentira son sinónimos”), deciden amosar as verdades e gozar libremente, incluso facer uso de prácticas perversas. Intentar, mentres dure, “pasar os últimos momentos de conciencia, divertíndose”.

Se Deus non existe todo está permitido”, dicía Iván Karamazov, mais Lacan -que puxo atención en Bobok para falar do inconsciente- non está de acordo. Pola contra, no caso de que Deus non exista ou, como quería Nietzsche, que morrera, daquela “nada estará permitido”. Porque imperará a “lei imposta polo superego cruel e censor que o vai impedir”. “Deus é inconsciente” ou, no caso de que Deus estea morto, El non o sabe.

2 comentarios en “Bobok, de Dostoievski

  1. Apreciado Fidel:
    ¡Qué conversas, que farfallar ou como se diga entre mortos!
    Si en el otro barrio la vida transcurre “falando os mortos entre eles; ainda que xesan conversas con trazos alucinatorios”… Non o deben pasar tan mal, pero aun así, yo, prefiero seguir aquí. No, no es por el olor, ni por estar bajo tierra: es por lo que Ivan Ivanych escuchó en el cementerio y nos relató lo que allí abajo sucedía.

    Termino con mi deseo de que todos continuéis escribiendo para deleite de quienes nos acercamos a tomar un café con vosotros.

    Mi recuerdo cariñoso.

    1. É un pracer tomar un café con persoas tan atentas -que pasou con Magdalena?- como a presente e prezada Naty, ti mesma, de Palmeira. Que sigamos compartindo é un desexo que tamén procuro. Forte aperta e saúde.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *