Arquivo da categoría: Pilar Sampedro

Triste é o cantar que cantamos

andelPilar Sampedro. (Aos libreiros de Andel (que ademais apoiaban as asociacións de defensa do libro galego) en agradecemento por eses vinte anos facendo cultura e país). O peche da libraría Andel en Vigo tráenos, de novo, o mal aire, os ventos de Hamlet en Dinamarca, esa pena de non poder soster a casa de noso. Que as librarías pechen xa non é noticia, fechan cada día ao longo da xeografía cultural. Tanto nos acostumamos á súa desaparición que semella normal, algo esperado. Ata aí chega o noso conformismo ante esta sociedade do mercado salvaxe, sen límites. Seguir lendo Triste é o cantar que cantamos

“Doppelgänger”, teatro e libro

DoppelgangercapaPilar Sampedro. Unha obra de teatro escrita por Paula Carballeira e publicada por Edicións Positivas, na colección DiTeatro. Un espectáculo internacional creado pola compañía galega Berrobambán xunto á compañía colombiana El arca de N.O.E. e coproducido polo Centro Dramático Galego. A obra toma o seu título do alemán doppelgänger, un termo que foi acuñado polo novelista Jean Paul en 1796, e que significa “o dobre que camiña ao lado”. Seguir lendo “Doppelgänger”, teatro e libro

Vivir a galope. María Xosé Queizán (MXQ)

Vivir ao galope. QuizánPilar Sampedro. As memorias máis esperadas dos últimos anos. A autobiografía dunha muller que representa unha época, unha maneira de pensar e actuar. Un relato que recolle os ecos de Galicia desde a posguerra ao momento actual. Di a cuberta que o libro é o “testimonio literario dunha vida intensa e comprometida”. Certamente, vivida a galope, pegada á vangarda de cada tempo, implicada na cuestión ideolóxica tanto na partidista como na feminista, disposta a apostar pola vida e a creación, cunha actitude responsable coa lingua e a cultura galega… As súas memorias tardaban porque ían traer luz sobre o tempo vivido e ían debuxar as outras vidas que camiñaban á par. Seguir lendo Vivir a galope. María Xosé Queizán (MXQ)

Compostela, espazo de ilustración

MiiC2018Pilar Sampedro. Ás veces pasa. Coinciden dúas exposicións con puntos comúns no tempo e no espazo. MiiC segunda edición. Mostra internacional ilustración Contemporánea está no espazo de Afundación, na rúa do Vilar, presentando dezanove proxectos ilustrados que queren mostrar o que se está a facer, segundo di a comisaria, na área da ilustración de vangarda mundial. Neste caso, ponse o foco na representación subxectiva da natureza e o universo feminino e aténdese tamén ao tratamento da cor. Realmente, á ilustración hai que pórlle cabeciña, porque sendo algo non demasiado difícil de visibilizar, neste momento achega todos os avances Seguir lendo Compostela, espazo de ilustración