Arquivo da categoría: Pilar Sampedro

Vida independente. VIgalicia. Defiant Lives

poster-1Pilar Sampedro. Un café dá para moito. Unhas veces falamos de libros, de películas ou exposicións, de ciencias ou de letras, de arte ou filosofía … outras lemos algo que unha tertuliana escribiu desde a ficción, e outras comentamos algo que nos abre novas portas ao pensamento que late no día a día. Por iso, hoxe traio ao café un concepto, unha asociación, unha película que acabo de descubrir para que chegue a outros e outras que –coma min– non estaban ao tanto. Unha idea: a diversidade funcional. Porque non todas as persoas temos as mesmas capacidades, porque estas son diversas, porque isto non ten que significar unha etiqueta de deficiencia, discapacidade, minusvalía… Seguir lendo Vida independente. VIgalicia. Defiant Lives

Compostela, territorio fotográfico

Denís-EstévezPilar Sampedro. Para conmemorar os 25 anos do CGAC, iluminouse Bonaval cun traballo de Javier Riera. Unha proxección de luz, filtrada con motivos xeométricos, sobre a vexetación. A noite foi intervida polos reflexos que se pousan e transparentan as masas arbóreas. Porque o CGAC expándese no exterior, amplíase ao parque, vai cara a fóra. Seguir lendo Compostela, territorio fotográfico

Díaz Baliño, dous irmáns artistas

camiloPilar Sampedro. Neste último mes asistimos a un par de exposicións nas que descubrimos  os irmáns Díaz Baliño: Camilo e Lolita. Camilo compartía espazo co seu fillo, Isaac Díaz Pardo, nos salóns de Fonseca na mostra Con Galiza sempre no horizonte. Camilo Díaz Baliño e Isaac Díaz Pardo en Compostela, comisariada por Xosé Ramón Fandiño e Gloria López. Alí, cóntase que Camilo se despraza a Compostela para encargarse do taller de escenografía e deseño da empresa de espectáculos Fraga, foi delineante do concello, deseñou as capas dos libros para a colección Lar Seguir lendo Díaz Baliño, dous irmáns artistas

O xogo das cadeiras

cuberta-alberdiPilar SampedroGustaríame falar dun libro “O xogo das cadeiras”, non polo que nos pasa pola cabeza cada vez que lemos esas palabras, senón porque anda entre nós a súa tradución ao galego da man de Isaac Rubín, en Hugin e Munin. Unha novela vasca, da autora Uxue Alberdi, á que os lectores e lectoras de literatura infantil xa coñeciamos a través do álbum ilustrado, publicado por Kalandraka, “Cando sexades pequenos”, unha verdadeira xoia na que os meniños nos explican o que os adultos poderemos facer cando sexamos nenos e nenas.

Agora, estamos ante unha novela dirixida ao lectorado adulto, unha novela de vellez e mulleres que recolle moi ben a atmosfera dese país que mira ao mar e lembra. Seguir lendo O xogo das cadeiras