Arquivo da categoría: Ensaio

Eloxio do encerro: os hikikomoris

pexels-photo-792033Fidel Vidal. Non é infrecuente comprobar como a loucura se adianta ao futuro facendo real, polo menos na fantasía ou na imaxe, un soño humano. Por non lle quitar razón a unha megalomanía, lembrémonos dos variados Supermáns. E como sorríamos cando as nosas avoas despedían o presentador do telexornal da noite abanando as mans. Por non mencionar os guillados que, sen acompañante que o xustificase, falaban sós pola rúa. Hoxe, uns e outros, os raros son os que pasean calados, xa que logo máis que nunca e a cada pouco, vemos parolando soas, como consigo mesmas, ducias de persoas que non paran de latricar coa mirada perdida, ou, se acaso, coas pantallas dos seus teléfonos.    Seguir lendo Eloxio do encerro: os hikikomoris

Repugnantes formigas calvinistas!

1eca6-austeridadGonzalo Trasbach. Decembro do 2008. Atenas, baixo a insurrección. Mesmo a árbore de Nadal da praza Sintagma ardeu. Non fai falla lembrar quen tiña tomadas as rúas: unha onda de rabia sen rostro. Os anos siguintes ensináronnos o que significa a palabra <contrainsurrección> nun país occidental. A UE, o Banco Mundial e o FMI empezaron a tarefa de hacer pagar a Grecia por aquela revolta imperdoable. Seguir lendo Repugnantes formigas calvinistas!

A favela de Vitigal

12aXerardo AgraFoxo. Lera que a praia de Ipanema era máis cosmopolita e sofisticada, pero eu vina máis tranquila. O ambiente parecía familiar e as terrazas máis cativas que as de Copacabana. Dende a Punta do Arpeador, no extremo sur, ata o barrio de Leblón, un abeiro tradicional e apracible, sucedíanse hoteis e restaurantes. Dende ese lugar de encontro da mocidade carioca, recoñecido polos seus magníficos solpores Seguir lendo A favela de Vitigal