A favela de Vitigal

12aXerardo AgraFoxo. Lera que a praia de Ipanema era máis cosmopolita e sofisticada, pero eu vina máis tranquila. O ambiente parecía familiar e as terrazas máis cativas que as de Copacabana. Dende a Punta do Arpeador, no extremo sur, ata o barrio de Leblón, un abeiro tradicional e apracible, sucedíanse hoteis e restaurantes. Dende ese lugar de encontro da mocidade carioca, recoñecido polos seus magníficos solpores, albiscábase no cumio dun outeiro e nas súas pronunciadas ladeiras unha inxente acumulación de casas ananas que contrastaban co urbanismo moderno de Ipanema.

A curiosidade venceu o meu intento de pasar desapercibido. Cando un camareiro se interesou pola miña camiseta do Fluminense, aproveitei para preguntarlle:

Como se chama aquela favela?

12bVitigal.

Podo ir a ela?

Claro que pode, pero para que? A que quere ir vostede a Vitigal?

Non é aí onde estivo…?

Si. Nela estivo o Michael Jackson, pero vostede só é un turista. Ao mellor non lle van facer nada neses calellos, pero o máis probable e que lle quiten todo o que leva consigo. Entende?

Entendo.

Un comentario en “A favela de Vitigal

  1. Cando eu andaba por alá polos Pirineos, todalas tardes recorría aquela preciosidade de vales e visitaba casi a diario o santuario da virxe de Meritxell ( un precioso mosteiro obra de Ricardo Bofill ) que tiña a unha hora de camino dende a miña casa. Un día mudei de itinerario e fun monte arriba. cando levaba algo máis dunha hora por aquelas paraxes, sintín o murmuio do río alá no fondo da montaña, fun baixando aquelas empinadas costas axudada do bastón que sempre me acompañaba, e pensei que seguindo o río me levaría ata o santuario invertindo a ruta. Fun baixando ata que me atopei rodeada dunhas silveiras que logo no me deixaban saír daquela trampa. O medo foi suficiente para que os dentes me castañearan sen sentir frio, e non chorei a moco tendido porque tampouco tiña mocos. Cando fun abrindo paso e logrei saír daquel labirinto ca cara rabuñada, prometínlle a virxe de Merixell que iría a vela sempre polo bo camiño.
    Rezaréi por ti á patrona de Andorra para que cando volvas a Vitigal ou a outras favelas polo estilo, regreses indemne; póis según di aquel dito:”vale máis previr que amamantar”.
    Unha aperta, Xerardo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *