Fidel Vidal. “Era unha vez un cacho de madeira”. Pinocho, antes de ser boneco era só madeira, leña, un pau que Maese Cereixa, o seu primeiro dono, pretendía partir a machadazos. Un tronco que, ao recibir os golpes, protestou laiándose: “Ai!”, queixouse a leña. Estamos no inicio da linguaxe como función comunicadora. No laio da materia, no lamento “mater” da madeira. A resposta materna desde o fillo como madeira e verdadeiro portador da nai. Paradoxal, si, mais o caso é que quen dá nome á nai non é a muller que xera un fillo senón o fillo que outorga título de nai a esa muller que o vai coidar, fose parido ou non do seu ventre. Seguir lendo Pinocho (II). Como facer un fillo →