Arquivo da categoría: Ensaio

Galicia e os galegos na poesía castelá CXXXIV. Juan Chabás

descargaRomán Arén. Juan Chabás e Martí (1900-1954) foi unha figura importante na España intelectual previa á guerra civil, quizais o prosista máis característico da Xeración do 27, autor de novelas como Sin velas, desvelada (1927), Puerto de sombras (1928) e Agor sin fin, moi na liña do que Ortega y Gasset chamaba “novela deshumanizada”, liña na que hai que incluír a Domenchina, a primeira Rosa Chacel, o Max Aub de preguerra, Benjamín Jarnés, Claudio de la Torre… Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXXXIV. Juan Chabás

A túa luz, mestre, sempre nos alumará

unnamedGonzalo Trasbach. O pasado día 3 faleceu na súa casa de Barrow Road en Cambridge (Inglaterra) George Steiner. Nado en París o 23 de abril do 1929, o profesor e mestre de literatura comparada estaba a pouco máis de tres meses de acadar a idade de 91 anos. Trala súa desaparición, un xornal italiano publicou unha entrevista póstuma, unha longa conversa que mantivo durante anos co ensaísta Nuccio Ordine, coa condición de que só podería saír á luz logo da súa morte, a que comunicou sobre as 14.00 horas daquel primeiro luns do mes o seu fillo David. Seguir lendo A túa luz, mestre, sempre nos alumará

Tedio de fazañas bélicas

0234685.jpg-c_215_290_x-f_jpg-q_x-xxyxxIgnacio Castro Rey. Un escribiu hai pouco algo así: “Soamente dura o que se atreve a romper co cárcere da fama” (Choiva oblicua). De maneiras tan distintas, Pasolini, Lennon e Lispector estaban nisto, sen abandonar nunca a humilde lei da gravidade e unha comunidade elemental de supervivencia que nos permite seguir, como creadores e como humanos. É máis unha decisión ética (case animal) que estética, dito sexa de paso. A creación artística non é un resultado da alta cultura, senón da máis baixa necesidade. Seguir lendo Tedio de fazañas bélicas