Galicia e os galegos na poesía castelá CXXXIV. Juan Chabás

descargaRomán Arén. Juan Chabás e Martí (1900-1954) foi unha figura importante na España intelectual previa á guerra civil, quizais o prosista máis característico da Xeración do 27, autor de novelas como Sin velas, desvelada (1927), Puerto de sombras (1928) e Agor sin fin, moi na liña do que Ortega y Gasset chamaba “novela deshumanizada”, liña na que hai que incluír a Domenchina, a primeira Rosa Chacel, o Max Aub de preguerra, Benjamín Jarnés, Claudio de la Torre… Tamén crítico literario (Vuelo y estilo, 1934), ensaísta (Italia fascista, 1928) e historiador da literatura.

O seu primeiro libro de poesía apareceu en 1921, Espejos, dentro da corrente postmodernista na que tamén escribían Díez-Canedo, o primeiro Max Aub, Moreno Villa e outros.

Participou na vida política, primeiro como radical-socialista e logo como membro do PCE, loitou na guerra civil, na que foi capitán, e logo marchou ao exilio, establecéndose en Cuba, onde foi profesor da universidade de La Habana. E foi no exilio onde continuou o seu labor poético co volúme Árbol de ti nacido (1956); xa en 1996 editouse o poemario Veinte poemas de amor y una canción dedicada.

O camiño de Santiago está presente na súa poesía sen énfase, lixeira e comunicable, unha reacción contra o luxo modernista:

Hora de espumas / marfil de alba / Por el camino de Santiago / la madrugada se va cantando.

28464377166_5c189980e9_bColaborara na revista coruñesa <Alfar> e ocupouse da obra de Rosalía de Castro ao recensionar o traballo de César Barja En torno al lirismo gallego del siglo XIX (1926) e só serodiamente inclúe a poeta galega na súa Historia de la literatura española (Habana, 1952), pos as edicións de preguerra ignoraban a Rosalía. Cualifica de “poesía de la añoranza, delicadamente irisada por los más húmedos matices de la melancolía”. Considera que “sus mejores libros están escritos en su lengua natal”. Nacido en Denia, con fama de “Gafe” e de conquistador, tamén tradutor e biógrafo, faleceu na Habana.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>