Entre sabios e augures

escuela1Francisco Ant. Vidal Blanco. Había en Granada un príncipe a quen todos chamaban o Perfecto, pola bonhomía e correcto comportamento que amosaba desde a máis tenra infancia. Pero os augures, adiantándose ó futuro, sinalaron sobre el unha pequena nube que podía vulnerar a súa prognosticada capacidade de goberno, xustiza e prosperidade para o reino que ía herdar: Había de namorarse. Daquela seu pai, aconsellado por aqueles varudos señores de bonete e longas barbas, decidiu encerralo nunha torre onde sería servido por fieis criados a quen lles estaba prohibido pronunciar a palabra amor. O recluído príncipe creceu libre de prexuízos, coñecía o afecto dos seus seres máis próximos e toda a ciencia do seu tempo, pero no seu extenso vocabulario, por prescrición paterna, non entraba a palabra amor. Mais logo chegou a Candeloria, cando casan os paxariños, e baixo o firmamento, no piar das aves e no arrecendo das flores, a prohibida palabra resoou por todas partes, espertando a curiosidade do Príncipe, e entón… Invítovos a ler a lenda que, contada por Washington Irving, ten moita máis gracia para deixar ben clara a mensaxe de que non se lle pode negar a ninguén o coñecemento de ningún tema, porque máis cedo ou máis tarde este ha de aparecer nalgún dos recunchos da vida para espertar a curiosidade. E non hai nada peor que mal aprender, pois calquera asunto mal aprendido será unha pexa imposible de soportar, unha atadura ó medo e á incultura, e unha carencia que a persoa arrastrará de por vida.
     escuela2Por moito que os pais sexan os responsables da educación e aprendizaxe dos seus fillos, o maior error é pensar que os educadores, cada un especialista na súa materia, non dan a talla, cando en realidade, estes e aqueles deben ser colaboradores.
    Non me imaxino á señora Cooper (da serie televisiva Big-Bang), tan católica ela, prohibíndolle ó seu fillo Sheldon asistir a unha conferencia sobre a evolución cando o rapaz tivese a curiosidade de entrar na aula onde se debatía se o home vén do mono ou o mono do home. Como moito, a boa nai, crente e crédula, dirá que aquilo é unha xerga moderna e o seu rapaz desquitarase acusándoa de pór á mitoloxía por diante da razón.

  Tampouco podo imaxinarme que por crenza paterna, por agoiro ou por superstición, o alumnado dun instituto non poida enfrontarse ós debates sociais destinados a entender e tomar partido ante todo canto van ter que afrontar ó largo da súa vida. Debater se o modelo atómico de Bohr é acertado ou non é tan importante como  confrontar, diante de expertos que sinalen os distintos puntos de vista, se as vacinas son boas ou malas ou se as drogas son necesarias para a economía, para a evasión fiscal ou para adurmiñar ós cidadáns.

     Esta semana faláronme dun rapaz de quince anos separado por orde xudicial da custodia de seu pai por permitirlle faltar a clase para poder trapichear con farlopa, quen, como bo augur, xustificábase co de que lle “estaba ensinando a gañar a vida”.
     Distinguir entre se Guzmán el Bueno foi un bo patriota ou un mal pai forma parte da formación da persoa, sempre baixo a guía de quen mellor coñeza o tema de que se trata, porque por desgracia, os pais non somos expertos en todo.
Aprender a distinguir estre Astronomía e Astroloxía é tan importante como distinguir entre sabios e augures.

2 comentarios en “Entre sabios e augures

  1. Querido Francisco:
    Bonita entrada y muy didáctica. Conozco “Cuentos de la Alhambra” y hasta es posible, si alguien no se lo ha llevado, que ande entre los libros de mi biblioteca. Lo que nunca vi es la serie “Bib-Bang”.
    Es cierto que una mala enseñanza cuando niño puede distorsionar la vida de una persona. Por desgracia, la asignatura de ser padres sólo nos la enseña la vida. Muchas veces, demasiado tarde.
    Y ahora una anécdota que posiblemente haya contado más de una vez:
    Viajaba en autobús. Era la hora de salida de los colegios. Un padre subió con un hijo de unos ocho o nueve años. El chiquillo se quejaba de que el profesor de Educación Física lo había expulsado del partido.
    -¡Ese tío es un cretino!- fue la respuesta inmediata del padre.
    Si no hay consenso entre padres y educadores, como muy bien apuntas, mal va la cosa.
    Un fuerte abrazo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>