No reverso da folla

depositphotos_84493106-stock-photo-wrong-side-of-the-greenMarina Losada Vicente. Non era tanto que non lle gustase, senón que lle sentaba mal. De noite, unha provocación. Sabíase na casa. De sempre. Facíaselle outra cousa, uns ovos, moito máis económicos. Casou e formou parte da Noiteboa na cea familiar, por ser o prato preferido do seu home. Tanto, que cos anos foi el o que o mercaba. Na casa esqueceron que a Helena non lle senta ben e ela pensou que mellor acoplarse, facer que se come, servirse un cachiño mínimo, para non molestar, enredado nos grelos. Quen é comedora molla pan, e tan contenta. E ataca nas patacas, parecía dicir a mesa.

            Cinco anos despois de separarse,  a nai segue recibindo a folla que lle manda o Marcial, a quen non é quen de acuñar como “ex”. Cada Noiteboa aparece o prato na mesa, que coloca á filla baixo a presenza dunha ausencia que non se lle perdoa. Agora si, agora protesta, mais non parece que o faga con alento suficiente.

            Mentres fai que come, e na esperanza de que este ano sexa o último, pensa que a vida ben pode lerse no reverso nunha folla… de bacallau.

6 comentarios en “No reverso da folla

  1. Gracias por los ánimos Marina: Porque, tú, con el nivel literario que tienes, tengas, sientas vergüenza…. Entonces lo mío, es “pánico escénico” ya que, cada vez que intento presentarme en vuestra cafetería, me da corte porque mis conocimientos, no dan mucho más que para una simple infusión. Que también son necesarias, pero menos que otros productos que allí puedan servirse.
    Muy de acuerdo contigo al decir que la literatura; además de encontrarla en los libros, puede también estar en la calle y en las casas. ¡Por supuesto que sí! Por tal motivo recuerdo ahora, una frase de monseñor Guerra Campos (D.E.P.)-, en aquél entonces obispo de la Diócesis de Madrid- Alcalá.- Que en una entrevista en TVE, hablando de la labor de las madres en el seno familiar, decía: “mi madre, una humilde y ruda campesina, de la cual he aprendido tanto”. Por eso te digo querida Marina, y con ello termino; que tus narrativas nos dan pie a que contemos nuestras propias vivencias.- ¡Quién no se emociona recordando el ayer! Por lo menos evocar la parte buena, que de todo hay en la viña del SEÑOR.

    Como siempre, un placer leerte.

  2. Bo día: Pásame o mesmo que a vosoutras. Cando leo as entradas dos compañeiros e compañeiras deste blog éntrame unha especia de vergoña e un pouco de pánico escénico. Onde me meto, co meu nivel literario de principiante, diante de persoas veteranas nas artes e escribir! Despois penso que a literatura, ademais que nos libros, está nas rúas e nas casas… e mando os meus texto, que ao final son un pouco os relatos de todas e tamén de todos. Como ademais dan pé a que publiquedes as vosas propias vivencias, teñen dobre utilidade. Grazas, Carmen e Naty, un pracer.

  3. Marina:
    Después de leer, una vez más, otra de tus muchas y estupendas entradas, paso a hablar de la misma aportando mi granito de arena.- Confieso que muchos más granos no puedo añadir porque el nivel de los miembros que componéis esa estupenda familia- del Café Barbantia-, es tan alto…, que no me siento capacitada para escribir mucho más; por eso procuraré ser breve
    Pienso que el reverso de una hoja de bacalao, no sería suficiente para leer una vida, por su reducido tamaño. Sin embargo, serviría para hacer una buena cena de Nochebuena, en aquellos tiempos; adornado con sus uvas pasas.- Era lo que se solían hacer, en casa de las abuelas, incluida la coliflor.- ¡Qué rica estaba!

    Cierto que por la educación recibida, primaba la atención de la mujer hacia el hombre. Tú lo has confirmado diciendo que “a mellor tallada para el”. Y yo añado: “aínda que non sempre o mereceron”.

    Lo triste era cuando había una silla vacía, por las circunstancias que fuera. Pero la vida, aunque en ocasiones nos da tristezas, continúa siendo bella.
    Es un placer leerte.

  4. Querida Marina:
    Menos mal que o machismo de antano vai desaparecendo; aínda que, a xulgar polos casos de mulleres maltratadas que emiten os medios de información, pareza todo o contrario. O teu artigo tráeme á memoria un episodio que me ocorreu “ in illo témpore”:
    Estaba pouco menos que recentemente casada. Veraneabamos en Palmeira e no “Cine Elma” de A Proba proxectaban a película “Doctor Zhivago”. Era tanta a afluencia de público que houbo necesidade de poñer cadeiras polos pasillos. Unha acomodadora tróuxonos unha soa cadeira ao meu home e a min. Ao ver que era eu a que me sentaba amoestoume :
    -A cadeira era para o señor!
    -É a miña muller- aclaroulle o meu home
    . -Pois con máis razón!- argüiu aínda máis enfadada.
    Ah, onde estean uns ovos fritos, que me quiten todo o demais. E se van acompañados de unhas patacas galegas e un bo chourizo, xa é o delirio.
    Bonitiños sonos.

  5. Bo día: Cando viña para traballar recordei a miña avoa, como tantas veces. Onte parecía que estabamos na primaveira e hoxe fai un frío intenso. Cando era así, a avoa sempre dicía “ainda faltan as febras de febreiro!” para indicarnos que seguiamos no inverno. Lendo a miña publicación de hoxe, pensei que opinaría ela. Na súa educación primaba a atención ao home. A mellor tallada para el. Foi unha muller maltratada, moito. E de viúva deixou que fose o xenro o centro da nosa mesa.

    Agrádame lerte, Magdalena. Bicos.

  6. Aínda que eu son de boa boca e o bacallau o forno con una boa dose de uviñas pasas está que gorenta, prefiro coma Helena uns ovos ou unhas boas fanecas pescadas na fanequeira “das lobeiras” cas escamiñas negras, e tesas coma un galludo escachando na sartén ao fritilas.
    A verdade e que, as follas mellor que sean as dun bo libro.
    Querida Marina, nunca me cansaréi de dicir que é un pracer ler os teus comentarios.
    Biquiños palmeiráns,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>