X. Ricardo Losada. Unha das razóns de que ás veces dubide dos beneficios da lectura é a incapacidade de moitos intelectuais de dicirlles a verdade aos amigos sobre os seus libros e a irritación destes ante unha mala crítica ou un gusto diverxente. Hai unha anécdota de Proust moi significativa. Un amigo mándalle un libro para saber a súa opinión, e el contéstalle: «O que lin paréceme moi fermoso. Seguir lendo Rosalía, Castelao e ti
Arquivo da categoría: Ensaio
Voyager. A inóspita poesia de Kurt Waldheim
Alberte Pagán. Kurt Waldheim, político católico e conservador do Partido Popular Austríaco, foi secretário-geral da ONU (1972-1981) e presidente de Áustria (1986-1992). Em 1985, durante a pré-campanha eleitoral, publicou No olho do furacám. Estas memórias aspiravam a dignificar a sua figura política, mas o efeito foi o contrário: de imediato aflorou o seu passado, que o autor pretendia dissimular, como oficial nazi. Isso nom impediu que ganhasse as eleiçons. (Por que?, pergunta el incrédulo, detendo a cunca de café a meia altura: Como a gente pode votar por um nazi? A gente votou polo mesmo Hitler, argumenta ela. Seguir lendo Voyager. A inóspita poesia de Kurt Waldheim
Sílabas da peste, de Lupe Gómez
Fidel Vidal. Entrar nunha obra de Lupe Gómez é mergullarse nun mundo ateigado de palabras e de imaxes, nun espazo fantástico asentado na terra, nas paisaxes lingüísticas e no camiñar por rúas ancestrais. Así volve acontecer con Sílabas da peste (Deputación da Coruña, Premio “Miguel González Garcés”, 2020), que vén de ser publicado en edición bilingüe co título Silabario de la peste (insensata, 2021), no que volvemos renacer en cada liña como cativos regresando da escola. Maiormente creado durante o encerro da pandemia (Ningunha pandemia poderá roubar o camiño das estrelas, p. 35; Teño a impresión de que levo un século encerrada na casa dos ollos grandes, p. 74 Seguir lendo Sílabas da peste, de Lupe Gómez
Helgoland
X. Ricardo Losada. Só levo vinte páxinas lidas e xa teño ganas de escribir este artigo. O libro titúlase Helgoland, o nome da illa do Mar do Norte onde Werner Heisenberg descubriu a idea clave que fixo posible a mecánica cuántica e todos os enormes descubrimentos que nos trouxo no século XX e que nos traerá no século XXI. O autor é un vello coñecido meu, Carlo Rovelli, un físico teórico italiano cun enorme prestixio, tanto no ámbito da ciencia como no da divulgación. Non vou facer, por suposto, unha valoración do libro, pero si quero comentar algúns aspectos que xa me fascinaron desde o principio. Seguir lendo Helgoland