Arquivo da categoría: Ensaio

Agamben e Greta

Greta_Thunberg_02_croppedGiorgio Agamben. (Da rúbrica «Una voce» de Giorgio Agamben no sitio web de Quodlibet, 18 de novembro de 2019).  Do mesmo xeito que calquera relixión, tamén a relixión da ciencia non podía carecer dunha escatoloxía, é dicir, dun dispositivo que, mantendo aos fieis no medo, reforza a súa fe e, ao mesmo tempo, asegura o dominio da clase sacerdotal. Aparicións como Greta son, neste sentido, sintomáticas: Greta cre cegamente no que os científicos profetizan e espera a fin do mundo en 2030, exactamente como os milenaristas na Idade Media crían no inminente regreso do mesías para xulgar o mundo. Seguir lendo Agamben e Greta

Cipriano Fernández, teatro e ensino

descargaPastor Rodríguez. Foron dous autores do Barbanza, Castelao e Rafael Dieste, quen fixeron dúas achegas esenciais á historia do teatro galego, Os vellos non deben de namorarse e A fiestra baldeira, e será logo un noiés, Xosé Agrelo Hermo, quen se convertiría no nome máis representativo do noso teatro, co grupo Candea, mais tamén nun nome significativo do teatro para nenos na súa etapa escolar. Nese teatro infantil destacou outro home do Barbanza, Xesús Santos Suárez. Seguir lendo Cipriano Fernández, teatro e ensino

Comemos con medo?

BAnqueteFrancisco Ant. Vidal Blanco. Cóntase que o alcalde coruñés, Alfonso Molina, famoso entre outras cousas polo seu bo saque, acudiu en certa ocasión a un banquete e puxéronlle queixo da Arzúa na sobremesa. Véndoo comer un dos asistentes preguntoulle: ”Don Alfonso, vostede non pela o queixo?”. Ó que el respondeu: “E pela vostede o pan?”. Se fose hoxe, don Alfonso pelaría o queixo, tal e como recomendan as etiquetas, e se non pelaba o pan era porque lle gustaba sentir o crocante estalo da codia. Seguir lendo Comemos con medo?