Cipriano Fernández, teatro e ensino

descargaPastor Rodríguez. Foron dous autores do Barbanza, Castelao e Rafael Dieste, quen fixeron dúas achegas esenciais á historia do teatro galego, Os vellos non deben de namorarse e A fiestra baldeira, e será logo un noiés, Xosé Agrelo Hermo, quen se convertiría no nome máis representativo do noso teatro, co grupo Candea, mais tamén nun nome significativo do teatro para nenos na súa etapa escolar. Nese teatro infantil destacou outro home do Barbanza, Xesús Santos Suárez. Con eles e con Avilés de Taramancos hai que unir o nome de Cipriano Fernández, e con razóns moi evidentes: máis de sesenta obras escritas e case todas representadas con nenos nos máis de trinta anos do ensino no colexio Galaxia de Ribeira. Anos e anos transmitindo amor ao teatro, convertendo en protagonistas moitas nenas e nenos da cidade centenaria. Cipriano Fernández nace en Ribeira en 1952, estudou Maxisterio e exerceu o seu labor na vila natal, non só coas materias da súa competencia, senón tamén aprendéndolles a nenos e nenas a arte de Talía.

No ano 2008 apareceu o volume de obras teatrais O rei Maragato estaba triste e tres pezas máis, e no 2012 outro novo libro, A nena levantadora de pedras sagradas. En 2016 dúas pezas para nenos na colección A Pinguela: O neno de chocolate e A pantasma que non asustaba. Na historia do teatro escolar galego non debe estar ausente a súa contribución.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *