Na terra de Jorge Amado

amado1Xerardo AgraFoxo. Un crego díxome que el sabía dunha persoa que me podía falar da praga que atacara o cacao. Despois fun ata a Casa de Cultura Jorge Amado. Había unha estatua súa diante da fachada e outra preto das escaleiras da catedral. As dúas eran diana dos fotógrafos ocasionais. No caserón habilitado para homenaxealo recollíase aquela parte da súa vida vinculada coa cidade. Aínda que el nacera na facenda de Auricidia, pertencente ao distrito de Itabuna, por culpa dunha epidemia de varíola a súa familia trasladárase a Ilhéus. O que propiciou que Jorge Amado esborranchase as primeiras letras na escola de dona Guilhermina.

A moza que atendía o museo mostrouse reticente coas miñas preguntas. Non comprendeu o meu interese polo personaxe central da novela Gabriela, cravo e canela.

Quen era “Gabriela”?

El nunca rebelou a súa identidade.

amado2Por que?

Talvez porque estaba baseada en tres persoas. Tres mulleres que viviron aquí . “Gabriela” é unha muller baiana, sempre alegre, traballadora e algo inxenua.

Representouna ben Sonia Braga?

Por suposto que si!

Era tan sensual?

Vostede, leu a obra?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *