Arquivo da categoría: Ensaio

Arte e pudor: os espidos de Dodsworth

Actualidad_220739100_35528357_854x640Fidel Vidal. O pudor, do latín pudoris (vergonza, recato, honestidade, honor, moralidade), deriva do verbo pudere (avergonzarse, rexeitar por vergonza), e xera vocábulos como púdico, impúdico, pudibundo ou repudio. Segundo o dicionario da academia galega, defínese como “sentimento de vergonza que pode ter unha persoa en cuestións relacionadas co sexo ou coa exhibición de certas partes Seguir lendo Arte e pudor: os espidos de Dodsworth

O medo do día ao murmurio (IV)

41FYV0tAC-LIgnacio Castro Rey. O sistema do sufrimento crea o sistema do pensamento. Bágoas non choradas? <Son unha especie de Niágara interior, que non se escoita desde fóra>. Quen non se protexe na identidade normalizada (traballo, casa, familia, amigos, afeccións) só pode atopar na dor o seu oficio e a súa escola. A dor é o único compás do que está fóra. De aí unha comuñón case mística coa vida de calquera cousa, con tal de que viva: <Caía unha fina choiva, en forma de fusos, coma se ela mesma se alegrase do acontecemento>. Como di Handke no Ensayo del día logrado, <a nada dos nosos días tratábase agora de facela frutificar>. As poucas follas que quedaban nas árbores tremían ao vento que empuxaba a néboa. Seguir lendo O medo do día ao murmurio (IV)

O medo do día ao murmurio (III)

handketapaIgnacio Castro Rey. É coma se o escritor, volvendo unha e outra vez a unha soidade inconfesable e sen testemuñas, realizase unha secreta transfusión de sangue na penumbra, nunha terra máis profunda que todas as súas leis e inmune a calquera cambio climático. A partir de aí é posible enfrontarse outra vez á crueza do día. Virxindade a través da prostitución? Beatitude por corrupción? É unha lenda, como a do santo bebedor, que non habería que descartar. En todo caso, pode darse en Handke unha alianza secreta de melancolía e luxuria que só pertence a uns poucos, os elixidos polas aforas. O que é seguro en Handke é unha mística da inmediatez, á vez fulgurante e escandalosamente lenta. Seguir lendo O medo do día ao murmurio (III)