Arquivo da categoría: Ensaio

Reformador irreprimible

Matalobos
Matalobos

Francisco Ant. Vidal Blanco. Os que algún día lemos o Siddharta de Hermann Hesse ou simplemente eramos seareiros da serie Kung Fu gardamos unha certa simpatía polas relixións orientais. Só moi recentemente nos preguntamos se a vida conventual deses monxes é tan decorosa como nola presentan, se nese illamento en que viven non existen os odios, as envexas e os abusos que se dan noutras comunidades. Seguir lendo Reformador irreprimible

Do verde como mensaxe

alfombra-de-hierba-verde-oscuro-100x300-cm-miniatura-heki-30913Fidel Vidal. “Verde, verde (…) Entre mim e o verde, a água do ar. A verde água do ar” (Clarice Lispector, A Paixão segundo G. H.). En canto dicimos verde axiña pensamos na herba fresca ou no efebo inmaturo. Mesmo na mirada pícara dun vello verde. Do latín viridis, vigoroso, vivo, mozo, resulta un termo complicado, xa que logo sendo unha cor ligada á serenidade e á esperanza, á boa saúde, tamén está relacionada cos velenos e coa morte. Seguir lendo Do verde como mensaxe

Carballo Calero ou Carbalho Calero, á oitava foi a vencida

Imaxe de Carballo CaleroPilar Sampedro. Non homenaxear a don Ricardo era rebaixar a Real Academia Galega, era falar de vinganza porque alguén non lle podía perdoar algo, era falar de medo porque alguén o temía aínda despois de morto. Cando iso pasa, hai que preocuparse. Eu non vou falar dos seus méritos, veranse unha e outra vez ao longo do ano, a ninguén se lle ocorreu ata o de agora negalo pola falta de valía Seguir lendo Carballo Calero ou Carbalho Calero, á oitava foi a vencida

Xenebra STEM

como-preparar-el-gin-tonic-perfectoX. Ricardo Losada. Lendo unha entrevista co famoso neurocirurxián Henry Marx, atopo unhas declaracións nas que di que as tres grandes contribucións británicas á cultura mundial son a BBC, a tradición experimental en filosofía e o gin-tonic. Coméntollo a un amigo enxeñeiro e dime que lle sorprende moito que un científico fale dunha tradición filosófica como unha gran contribución á humanidade. Seguir lendo Xenebra STEM