Antón Riveiro Coello. Hai uns cantos anos, cando as redes aínda non botaban lume, vin dous mozos enviándose mensaxes mentres compartían mesa e bebían un refresco nunha terraza. Naquela altura un podía entender que estaban en plena descuberta das posibilidades que lles ofrecía o móbil para se conectaren e o caso non pasaba de algo propio da idade e da absorción das novas tecnoloxías. Seguir lendo Soidade viral
Arquivo da categoría: Ensaio
O vello oficio de parteira

Patricia Torrado Queiruga. Nun momento coma o actual, é probable que nin sequera poidamos imaxinarnos o parto na casa, agora que todo está institucionalizado, mecanizado e medicamente controlado. Mais, houbo unha época, non moi afastada, na que os partos eran cousa da privacidade dun fogar, tendo a carón a túa xente, e nas mans da parteira da localidade. Seguir lendo O vello oficio de parteira
O moucho cego

Alberte Pagán. Um pintor de estojos, fumador de ópio, recebe a visita dum desconhecido que di ser seu tio. Quando o anfitriom vai buscar vinho ve por um bufardo a cena primigénia do relato: umha mulher/anjo vestida de negro oferece umha flor a um velho yogi que senta baixo um cipreste; um rego os separa; ela quer cruzar mas tropeça e cai, ante os exagerados risos do velho. Esta é a cena que obsessiona ao home e que pinta nos estojos umha e outra vez. Pouco despois a mulher/anjo aparece na porta do narrador, entra na casa, deita-se no leito. Está morta, vermes na carne. O narrador, após deitar-se com ela, despeça-a e leva os anacos numha maleta até um cemitério coa ajuda dum cocheiro/trapeiro/enterrador. O moucho do título é a sombra do narrador na parede, a única que pode chegar a entender a sua narraçom, escrita “para asegurar-me de que estes sucessos nom som produto da minha imaginaçom”. Seguir lendo O moucho cego
Da escuridade
Fidel Vidal. A palabra escuro, de obscurus (cuberto, non visible e confuso), está formada polo prefixo ob– (enfrontamento, oposición) e unha raíz indoeuropea (s)keu– (cubrir, agochar). Defínese como aquilo que emite, recibe ou reflicte pouca ou ningunha luz. Algo tenebroso, críptico, ignoto, que provoca dúbidas e inseguridades. Seguir lendo Da escuridade