X. Ricardo Losada. Atopo nunha libraría de Santiago un escritor galego que coñecín hai pouco na presentación dun libro. Comezamos a falar sobre os libros que estamos lendo e, finalmente, derivamos a conversa ao tópico de se paga a pena ser escritor en Galicia. El considera que non (de feito, leva tempo sen escribir) co argumento de que lle dás moito máis á literatura do que a literatura che dá a ti. Seguir lendo Escribir en galego
Arquivo da categoría: Ensaio
A arte secuestrada
Francisco Ant. Vidal Blanco. Hai anos, un compañeiro de clase levoume á súa casa, onde me chamou a atención un gravado de Dalí presidindo o salón. Cando aquel viu que me dirixía a miralo, faloume do que pagaran por el e do certificado de autenticidade que gardaban cos documentos máis importantes da familia, pero non soubo dicirme que pretendía dicir o autor con aqueles debuxos que parecían sacados dun pesadelo. O famoso anacronismo da película Titanic, en que un millonario leva consigo un cadro de Picasso, debería servir para que nos preguntásemos para quen é e para que serve a arte, se é adorno Seguir lendo A arte secuestrada
Venerando Porteiro, política e xornalismo
Pastor Rodríguez. Unha das figuras máis esquecidas e descoñecidas da vida política da Pobra do Caramiñal na Segunda República foi Manuel Venerando Porteiro Viñas, pertencente a unha familia de industriais e funcionarios, parente do líder das Irmandades da Fala, Luís Porteiro Garea. Membro do Concello Provisional Republicano en 1931, ocupou en 1936 o posto de Secretario Accidental da corporación pobrense coa Fronte Popular. O seu xornalismo foi de combate, en defensa do socialismo e a República, e exerceuno no xornal La Lucha (1932). O 27 de xullo de 1936 foxe dende Insuela (Palmeira) con outros destacados republicanos da Pobra. Refuxiado en Toulouse, exíliase máis tarde en México. Seguir lendo Venerando Porteiro, política e xornalismo
Modus operandi
Agustín Agra. Cartos. O mundo móveno os cartos. A rotación e a translación da Terra, os movementos todos dos astros do universo, pódense explicar botando man da lei da gravidade de Newton e –para quen posúa coñecementos máis avanzados de física– da relatividade xeral de Einstein. Porén, quen move o noso mundo é a economía. Seguir lendo Modus operandi