Ignacio Castro. Somos arboricidas ata na forma cívica de ordenar, como un parque urbano, a natureza circundante. Lembremos que a manida deforestación comezou por nós, eliminando nos humanos calquera selva de humidade, de maleza e ambivalencia. Seguir lendo O lume fóra
Arquivo da categoría: Ensaio
Jesús Faustino Rañó Rodríguez, amor á terra dende Montevideo
Pastor Rodríguez. Aínda que nado en Compostela en 1919, era orixinario de Rianxo e, na aldea de Brión, Leiro, pasou parte da súa nenez. Nunca a esqueceu. É grazas á rianxeira Raquel García Abuín, que se encargou de editar a súa poesía, Cantigas de aquén e alén mar, no ano 2015, nos Cadernos de Literatura Popular, por quen sabemos as vivencias deste emigrante. Dada a miseria na que vivían, súa nai marchou para Uruguai, e en 1930, dende Vigo, fóronse tamén J. Faustino e os seus avós. En Montevideo durmiron tres meses na rúa, pois non eran quen de caber onde vivía a súa familia; isto provocou a volta do avó só para Galicia de novo. Traballou dende rapaz nos oficios máis diversos, pero rematou por ser ebanista e aprenderlles a outros o oficio. Seguir lendo Jesús Faustino Rañó Rodríguez, amor á terra dende Montevideo
Novos discos de Placebo e Aldous Harding
Gonzalo Trasbach.Levaba moito tempo sen decidirme a escribir sobre música, mellor sobre os discos que fora escoitando durante o primeiro trimestre deste ano que vai camiño de converterse en terrible. Pero a chegada da primavera regaloume un bo puñado deles e isto empuxoume a escribir sobre dous álbums, os que máis me animaron e me conmoveron nestes tempos tan convulsos e confusos. Seguir lendo Novos discos de Placebo e Aldous Harding
Galicia e os galegos na poesía castelá CLXVII. Pedro de Padilla
Román Arén. Pedro de Padilla nacera en Linares en 1550, foi cabaleiro do hábito de Santiago e en 1580 editou o Tesoro de varias poesías, en 1582 as Eglogas pastoriles e en 1583 o Romancero. En 1585 fíxose carmelita calzado e publicou Jardín espiritual. Non hai acordo sobre a data da súa morte, pois uns anotan 1595 e outros, 1600 en Madrid. É tamén famoso como tradutor e porque o alude Cervantes no capítulo IV do Quixote, no famoso episodio do expurgo da biblioteca de Alonso Quijano. En 2008 José L. Labrador Herraiz e Ralph A. Difranco editaron en Guadalajara o Thesoro de varias poesías, pero xa Fredo Arias de la Canal editara en 2006, en México, unha Antología del Romancero de Pedro de Padilla. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CLXVII. Pedro de Padilla