Arquivo da categoría: Ensaio

Unha regata de tolos (IV). Os vencedores

cce71dbfaa9ee2547c80d8ace7d26050Fidel Vidal. Robin Knox-Johnston –con Moitessier “os dous homes máis felices a bordo dos seus barcos” (p.221)-, un dos mariños máis experimentados do grupo, no Suhaili nunca fixo uso do arnés de seguridade. A carga, ademais dos víveres necesarios -auga, carne, salchichón, zumes, verdura, queixo, etcétera-, levou consigo libros, algún sobre xadrez e, entre outros, Tristán Shandy, Tom Jones, Guerra e paz, Crime e castigo, e mesmo Historia da filosofía occidental. Seguir lendo Unha regata de tolos (IV). Os vencedores

Docampo en xuño

51UrEZA4pOL._SX328_BO1,204,203,200_Pilar Sampedro. Foise maio e xuño está aquí, e daquela lembramos a Xabier P. Docampo, “o mestre das viaxes imaxinarias” como o definiu Cajaraville, o valente defensor da lingua, que nos deixou vai lpara un ano. Con Docampo vén á memoria o seu derradeiro libro, aquel que non dirixiu á rapazada e no que quixo recoller todo o seu imaxinario. Falemos del. A nena do abrigo de astracán está na foto da cuberta, cos seus catro aniños. Pensando nela (e noutros coma ela) o autor busca a cita de Davis Grubb que serve de pórtico ao libro: “O Señor garde os nenos! Sopórtano todo. O vento sopra e a chuvia é fría. Porén eles sopórtano todo”. Eles empéñanse na alegría no medio dunha cotiá tortura. Seguir lendo Docampo en xuño

Fronte ao mar da vida

A vila orgánica estírase en función da principal vía de comunicación costeira
A vila orgánica estírase en función da principal vía de comunicación costeira

Pedro García Vidal. Como toda obra humana, os espazos urbanos son construcións ideolóxicas e produtos históricos. Cada vila, como cada un dos seus habitantes, ten unha personalidade propia e así vai reflectirse na súa morfoloxía e estrutura. As imaxes verticais, como textos, son representacións da realidade. Falan unha lingua precisa e din tanto ou máis ca mil palabras. Seguir lendo Fronte ao mar da vida