Román Arén. Valle-Inclán é un dos temas máis característicos que os poetas casteláns teñen no referente a Galicia. Cando en 1935 se tentou adicarlle unha homenaxe en Galicia, agasallándolle un pazo, foron moitos os intelectuais galegos que se sumaron á iniciativa: Anton Villar Ponte, García Martí, Portela Valladares, Fernández Mato, Arias Sanjurjo, García Sabell, Xulio Sigüenza… E moitos artigos na prensa sobre o tema, que Sandra Domínguez e Carmen Vílchez recolleron en 2007 na revista <Cuadrante>. Entre estes escritos está un extenso poema de José Antonio Ochaíta García, publicado o 28 de xullo de 1935 no <Faro de Vigo>. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXVIII. José Antonio Ochaíta
Arquivo da categoría: Ensaio
Cantar o silencio
Antón Riveiro Coello. Nos últimos días vemos que os animais visitan os xulgados, como acusados ou como testemuñas. Por exemplo, unha xuíza ordenou que unha cadela asistira como testemuña no caso de maltrato do seu dono, que a botou ao lixo nunha maleta. Penalizouse tamén nun xulgado o canto dos galos. As dúas noticias poderían parecer inéditas, propias dun argumento para un relato de humor Seguir lendo Cantar o silencio
Unha muller na lúa

Francisco Ant. Vidal Blanco. Agardemos que o de mandar unha muller á Lúa non sexa un acto máis para encher o escaparate, coma se a mandasen a pasear por unha pasarela lucindo garbo e figura. Temos dereito a desconfiar vindo de quen vén a proposta. E o primeiro receo éntranos cando todo o esforzo do anuncio é que vai ser unha muller e non que vai aportar á ciencia tal viaxe. Seguir lendo Unha muller na lúa
Paixóns frías
X. Ricardo Losada. Acabamos de sobrevivir a dous intensos procesos electorais, e iso demostra que estamos preparados para recibir cantidades inxentes de contaminación ideolóxica e de manipulación política, debido, supoño, a que os seres humanos metabolizamos mellor as paixóns fervorosas, como a fe, que as paixóns frías como a reflexión e a dúbida. Seguir lendo Paixóns frías