Galicia e os galegos na poesía castelá CXVIII. José Antonio Ochaíta

gentes-guadalajara-Ochaita02-355x500Román Arén. Valle-Inclán é un dos temas máis característicos que os poetas casteláns teñen no referente a Galicia. Cando en 1935 se tentou adicarlle unha homenaxe en Galicia, agasallándolle un pazo, foron moitos os intelectuais galegos que se sumaron á iniciativa: Anton Villar Ponte, García Martí, Portela Valladares, Fernández Mato, Arias Sanjurjo, García Sabell, Xulio Sigüenza… E moitos artigos na prensa sobre o tema, que Sandra Domínguez e Carmen Vílchez recolleron en 2007 na revista <Cuadrante>. Entre estes escritos está un extenso poema de José Antonio Ochaíta García, publicado o 28 de xullo de 1935 no <Faro de Vigo>. Ignoro se o poema estaba reproducido doutro xornal, xa que o autor non era galego, nacera Jadraque, Guadalajara, en 1910 e morrerá en Pastrana en 1973. Aínda que licenciado en Filosofía e Letras foi coñecido na posguerra como letrista de moitas cantantes de copla española, entre elas, Lola Flores. Cultivara tamén o teatro “poético” en pezas como Cancela ou Doña Polisón. O poema está dividido en tres partes, en cadanseu soneto. Reproduzo só o segundo:

A Usted se le concibe, don Ramón, como un santo/de talla antigua, bajo su grave baldaquino./¡El pazo es un retablo dondo ha dejado el llanto/de la lluvia, un encaje de verde musgo fino!/Ante el altar antiguo, su oración hace el pino,/-monje remoto a quin Usted adora tanto-/y viene por el aire la queja del molino/y el pregón de la feria y el gemido del planto./Usted, bajo el retablo, un año más otro año,/oyendo la canción como el santo ermitaño./¿trescientos? ¿cuatrocientos años? ¿Toda una edad?/¡Pero del eco augusto que resuene en su Pazo,/tendremos, don Ramón, una perla y un lago/que prendan a Galicia con la Inmortalidad!

Non tivo pazo Valle-Inclán, morto en xaneiro de 1936 e en xullo estoupa a sublevación de Franco, que si tivo logo un pazo, o de Meirás.

Un comentario en “Galicia e os galegos na poesía castelá CXVIII. José Antonio Ochaíta

  1. Encorvado por el peso de su ciencia, ante don Ramón, apreciado Román, había que prosternarse mientras se le escuchaba o leía. Debajo de su adusto aspecto, tenía un “corazón de manteca” ( como él calificaba a la buena gente).
    Un pazo le quedaría pequeño a nuestro Valle- Inclán, mejor para pobladores de escasas ideas, y si algunas tenían, no eran muy profundas.

    Saludos palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>