Francisco Ant. Vidal Blanco. Vivimos nunha desconfianza permanente, sempre mirando para o do lado e tratando de prever as súas intencións, convertendo o feito máis inocente na maior das maldades. Así se inventou o mal de ollo e o mal do aire con todas as súas variantes. Seguir lendo Animaliños expía
Arquivo da categoría: Ensaio
Ciencia comunicable
Eme Cartea. Kalandraka saca este magnífico libro, Viaxeiros, número 6 da colección Animais extraordinarios. Un álbum ilustrado saído das sabias mans de Xulio Gutiérrez, autor do texto, e de Nicolás Fernández, ilustrador, que repasa a vida de 12 animais salvaxes: hábitat, alimentación, reprodución, costumes, características… e migración.
Subliñamos o exquisito coidado no tratamento de texto, a ilustración, a impresión, o deseño da páxina e a edición. O mellor dos estímulos para a lectura como lecer emocional, formativo e intelectivo. Prodesse et delectare, como nos di o poeta latino Horacio. Seguir lendo Ciencia comunicable
Álava, capital Vitoria
X. Ricardo Losada. A hipótese dos seis graos de separación establece que unha persoa pode estar conectada a calquera outra do planeta a través dunha cadea de coñecidos que non ten máis que cinco pasos intermedios. Propúxoa o escritor húngaro Frigyes Karinthy nos anos 30 baseándose na idea de que o número de coñecidos crece exponencialmente co número de enlaces da cadea, de tal xeito que só un pequeno número de enlaces son necesarios Seguir lendo Álava, capital Vitoria
Unha regata de tolos (II). O destino
Fidel Vidal. O mundo do mar non está libre de supersticións; lembremos a clásica de non elevar áncoras en venres (no noso ámbito o día de mal agoiro é o martes, “non te cases nin te embarques”), ou a de non meter mulleres no barco. Xa embarcados non é aconsellable mencionar os curas; tampouco se permite asubiar, a menos que desexes ser apisoado por unha calma chicha. Contra os malos presaxios están os amuletos: as restras de allos son os de maior uso e, especializados en amainar temporais, nada mellor que unha prenda de roupa interior feminina colgada do mastro maior. Seguir lendo Unha regata de tolos (II). O destino