Fidel Vidal. Veño de compartir unha aventura extraordinaria que tivo lugar no mítico ano de mil novecentos sesenta e oito: a primeira volta ao mundo en barco en solitario sen escalas. Saíron nove homes e regresou só un. (Unha regata de tolos, Peter Nichols, Ed. Juventud, 2ª ed., 2009). Trátase dunha obra recomendada por un amigo, un verdadeiro home de mar, ao que lle dá entrada esta frase de Joseph Conrad: “No mar atoparás de todo: só depende do espírito con que o procures. Seguir lendo Unha regata de tolos (I)
Arquivo da categoría: Ensaio
A derradeira liçom do mestre

Alberte Pagán. Entre o 5 de outubro de 2018 e o 3 de março de 2019 tivo lugar, no Museu Centro Gaiás da Cidade da Cultura compostelá, a exposiçom “Castelao magistral”, artelhada arredor do seu óleo A derradeira liçom do mestre. Era a primeira vez que o quadro, pintado em Buenos Aires e propriedade do Centro Galicia da capital portenha, visitava a Galiza. Titulado A derradeira leición do mestre, este grande óleo de 1945 retoma e amplia a pequena estampa número 6 que no álbum de guerra Galicia Mártir (1937) levava por título “A derradeira lección do mestre”. Seguir lendo A derradeira liçom do mestre
Galicia e os galegos na poesía castelá CXV. De nabos e xamóns. Cadalso
Román Arén. Se hai un tópico sobre a alimentación dos galegos no século XVII é o dos nabos, a nosa comida nacional para os poetas casteláns; o touciño aparece moito menos. Nabos, pois, miles de nabos, “nabos filisteos” para Luis de Góngora, “Tierra de tocino y nabos” para Quevedo, e Lope, burlándose, di que foi o sobriño dun dos seus personaxes “el primero que sembró/nabos en Galicia” ou en Santa Casilda o criado galego afirma “adonde entre otros esclavos/cautivé, cogiendo nabos,/que era batalla naval”, pois é Galicia terra fértil “de nabos en cantidad” Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXV. De nabos e xamóns. Cadalso
Pretérito perfecto
Antón Riveiro Coello. Na política a estratexia do verbo é ben importante. Agora, o que é xa non é senón que foi. Vale isto para a culpa, os insultos e as mudas. Todo é variable, como diría Groucho, estes son os meus principios, se non lle gustan teño outros. Non pasa nada. Tanto ten a distancia que haxa entre unha palabra e outra, entre unha campaña e outra. O importante é usar ben o verbo. Os partidos políticos non se diferencian alá moito dun equipo de fútbol. Seguir lendo Pretérito perfecto