Arquivo da categoría: Ensaio

Do propio e do alleo

BF16C7F1_1Francisco Ant. Vidal Blanco. Somos bos artesáns pero malos feirantes. Está moi ben iso do amor ó propio e de loar o noso por encima do resto. Pero non todo é tan bo nin todo o bo se promociona o suficiente, unhas veces por desleixo e outras porque nos dá vergoña presumir daquilo que consideramos demasiado común ou popular como para ser valorado. Seguir lendo Do propio e do alleo

Diana Toucedo em tres tempos

Diana Toucedo - Trinta LumesAlberte Pagán. 1. Ser de luz (2009, 5’). Diana Toucedo pede-me que apadrinhe umha projecçom de Trinta Lumes na sala Numax. Aproveito para revisar a primeira película que vim dela, Ser de luz, umha peça construída com material alheo na que a luz, as superposiçons e as transparências som protagonistas. As fontes originais das images som as abstracçons pintadas dos Preludes 1-6 (Stan Brakhage, 1996); material etnográfico tirado de Film ist. (Gustav Deutsch, 2002), à sua vez construída a partir de metrage encontrada; e a cena do sonho de El negro que tenía el alma blanca (Benito Perojo, 1927), que Deutsch recolhe no capítulo “Magia” da sua película. Seguir lendo Diana Toucedo em tres tempos

Quen é o patrón?

3227334752511176Fidel Vidal. O patrón, do latín patronus, derivado de pater, noutrora era sinónimo de protector, mais nós querémoslle dar uso desde unha perspectiva ligada ao poder e á opresión, como patrono, como amo. Nun formato semellante e inspirado no personaxe de Padre Padrone de Gavino Ledda, do que hai que se liberar. Sendo ben fácil identificar o patrón, a liberación non resulta doada. Nunca o foi.

“O home integral, absolutamente libre, definitiva e completamente satisfeito co que é, o home que se perfecciona e se completa en e por esa satisfacción, será o Escravo que ‘suprimiu’ a súa servidume. Seguir lendo Quen é o patrón?