X. Ricardo Losada. Nun comentario neste mesmo blog afirmei que cando lía a Kant sentía ter a idade que teño, e cando lía a Nietzsche, a dun adolescente. E pedíalle a Magdalena, a miña interlocutora, que adiviñase a cal dos dous lle dedicaba máis lecturas. Seguir lendo Engurras descolocadas
Arquivo da categoría: Ensaio
Covardía
Antón Riveiro Coello. Cando eu era un cativo duns seis anos lembro que vin caer de bruzos a un home que ía coa muller. En canto ela deu en berrar pedindo axuda para que a valesen, asusteime e, empurrado polo medo e a covardía, dei en correr sen saber que facer ata que cheguei á miña casa e me metín no cuarto para chorar en silencio. Seguir lendo Covardía
Un fracaso chamado Roma
Ignacio Castro Rey. Preséntase como unha “carta de amor ás mulleres que o criaron”. De xeito evidente, a toda sombra, a película de Alfonso Cuarón é demasiado ambiciosa para o que despois cumpre, case nada. De estar só creo que me largaría, pero como estaba con Eugenio Castro (por primeira vez no cinema), limiteime a miralo de esguello para tentar adiviñar se sentía o mesmo ca min… ou un servidor tiña unha mala tarde, que lle pasa a calquera. Seguir lendo Un fracaso chamado Roma
Vida independente. VIgalicia. Defiant Lives
Pilar Sampedro. Un café dá para moito. Unhas veces falamos de libros, de películas ou exposicións, de ciencias ou de letras, de arte ou filosofía … outras lemos algo que unha tertuliana escribiu desde a ficción, e outras comentamos algo que nos abre novas portas ao pensamento que late no día a día. Por iso, hoxe traio ao café un concepto, unha asociación, unha película que acabo de descubrir para que chegue a outros e outras que –coma min– non estaban ao tanto. Unha idea: a diversidade funcional. Porque non todas as persoas temos as mesmas capacidades, porque estas son diversas, porque isto non ten que significar unha etiqueta de deficiencia, discapacidade, minusvalía… Seguir lendo Vida independente. VIgalicia. Defiant Lives