Covardía

Explosión-parís-e1547505409417Antón Riveiro Coello. Cando eu era un cativo duns seis anos lembro que vin caer de bruzos a un home que ía coa muller. En canto ela deu en berrar pedindo axuda para que a valesen, asusteime e, empurrado polo medo e a covardía, dei en correr sen saber que facer ata que cheguei á miña casa e me metín no cuarto para chorar en silencio. Non dixen nada e nunca cheguei a saber se aquel home morrera dun infarto ou non. O que si é certo é que aquela imaxe aínda me persegue hoxe coma unha ferida aberta que supura e se nega a pechar.

Digo isto porque pensamos que o heroísmo está ao alcance de calquera. A distancia fainos crer que si, pero esa arroutada inconsciente que leva a afrontar un perigo ou a axudar a alguén que se atopa nunha situación de risco non está dispoñible na vontade de todas as persoas. Mais tamén é certo que esa pasividade se pode converter nunha omisión de socorro, como talvez acontece con algunhas das persoas que, nos intres posteriores á explosión de gas en París que lles apañou a vida a catro persoas, unha delas española, póñense a gravar cos móbiles mentres algunhas das vítimas piden auxilio.

De nos vermos en París, que lugar ocupariamos? O meu non o teño claro, porque o medo é libre.

O cativo que fun talvez optase pola fuxida. Mais tamén teño claro que, de me ver alí, o que nunca faría é gravar a miña propia covardía.

5 comentarios en “Covardía

  1. Antón: La pasividad ante el auxilio a socorrer a una persona, puede ser originada por el propio miedo. El horror ante una situación grave, puede convertirse en una omisión de socorro. De hecho es tal la velocidad en que las desgracias suceden, que ni siquiera pensamos en cómo actuar, sino que respondemos de manera involuntaria, casi automática. Por eso ante ciertas situaciones desesperadas podemos quedar, incluso, en estado de shock o “embotamiento” momentáneo. El miedo, como bien dices Antón, es libre. Y en momentos límites, yo no sabría como sería mi reacción; pero nunca me pondría a grabar, eso seguro. Tal vez optara por huir con el pánico metido en el cuerpo. Ello no implica que sea cobarde.
    Me ha gustado tu ensayo. Mis saludos desde este bello rincón.

    1. Grazas, Naty. Concordo contigo na túa reflexión e di moito de ti o simple feito de que esteas disposta a te faceres a pregunta de cal sería a túa reacción nunha situación límite. Hai moita xente que nin sequera está disposta a se facer a pregunta. E iso, aínda que non sexa covardía, si amosa un alto grao de insensibilidade e insolidariedade. Apertas

  2. Queridas Magdalena e Carmen: estou seguro de que nun caso de urxencia a humanidade contaría convosco, pero, por desgraza, non creo que esa fose a regra xeral tendo en conta a deriva un pouco estúpida e infantil de tantas persoas que semellan vivir só para as redes e para lles contar aos demais onde están e que están a facer, como gravar un accidente ou un incendio onde morren e sofren outras persoas.
    En fin, sempre é un pracer ver ampliadas as nosas achegas coas vosas interesantes reflexións.
    Un millón

  3. Estimado Antón:
    A pesar de tener prohibido asomarme al ordenador durante una semana, por lo menos -y pasada ésta, a pequeñas dosis-, a causa de una conjuntivitis aguda; no logro cortar por lo sano con Café Barbantia.
    Por desgracia, tu artículo es de ardiente actualidad. Al menos que recuerde, nunca me vi en situaciones como las que describes (de niña es posible que en más de una ocasión, y mi proceder sería análogo al tuyo) y, de vivirlas, no sé cuál sería mi actitud. Lo que tengo muy claro es que nunca me dedicaría a grabar escenas en las que otros están pasándolo mal, y sí intentaría utilizar el móvil para solicitar ayuda; a pesar de lo inexperta que soy en el manejo de estos artilugios. Por desgracia hay seres que, por vivir unos momentos ¿de gloria?, dejan de lado la compasión; mostrando las instantáneas logradas a quienes tienen su misma catadura moral.
    Pare mí la actitud de esta gente es muchísimo peor que la del sacerdote y el levita que tuercen el camino para evitar ayudar al prójimo en la parábola de “El Buen Samaritano”. Por suerte todavía asistimos a situaciones heroicas, como la de los mineros que bajaron a rescatar al niño que se cayó en el pozo.
    Escribo con los ojos entornados y casi no veo. Ha llegado la hora de ponerme les gotas e irme a la cama.
    Felices sueños.

  4. Buenos días, admirado Antón:
    Lo mismo pensé cuando la explosión del oleoducto en México acarreó sesenta y pico de muertos, y los no damnificados, gravaban las espeluznantes escenas para después posiblemente sacar rentabilidad de aquellas dantescas imágenes. ¿ Esta gente reconsiderará su escala de valores ? posiblemente, no. Algunos incluso lo considerarán un “hobby” como a aquellos que el suyo es meter la cabeza para fotografiarse en medio de personajes famosos y así, estar enmarcados de por vida como si fueran Murillos. Bueno, Hitler también tenía el suyo, aunque fuese tan incoherente como dibujar personajes de Disney.
    Besiños palmeiráns, querido Antón.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>