Ignacio Castro Rey. Polo menos neste país, un nunca saberá moi ben a que se dedica a esquerda. Á parte, está claro, desa eterna partida de dominó con distintas elites apoderadas. Tamén entre elas a lectura está en declive, coma se o progresismo aspiracional tivese suficiente cos clásicos do seu santoral, que citan de memoria sen lelos, e coa bendita “trampa da diversidade”, aínda que ese outro libro poucos (a pesar das vendas) lerán. Por non saír do seguro, nin se atenderá a Fahrenheit 11/9, pois o documental é complexo e ideoloxicamente non aliñado. Non esquezamos que o capitalismo, no sentido espiritual que dicía M. Thatcher (para quen a economía era só un medio), é precisamente unha incansable ideoloxía Seguir lendo Un habitar máis forte que a metrópole
Arquivo da categoría: Ensaio
O absurdo como obsesión
Fidel Vidal. Confesándome negado para a música, a nova dun evento cultural como o acontecido en Milán coa estrea da ópera Samuel Beckett: Fin de partida do húngaro Kurtág (Teatro alla Scala, 12 de novembro, 2018), convídame a reflexionar sobre algúns aspectos para min relevantes. Seguir lendo O absurdo como obsesión
O bautismo prenatal
Natividad Rey. Aurora era unha muller que desexaba ser nai e, tras sufrir tres abortos espontáneos, decidiu realizar o rito do bautismo prenatal estando embarazada por cuarta vez. Entón un día, un pouco antes da medianoite, acercouse á ponte das Partidas acompañada por dous familiares e tres amigos. Levaron comida en abundancia e todo o necesario para celebraren un bautizo cristián. Cando chegaron os seus acompañantes facían de gardas da ponte e permaneceron nas entradas impedindo que ninguén a cruzase e, ela camiñou soa cunha corda longa e un caldeiro, en silencio, e detívose na metade dela para agardar alí a chegada do padriño Seguir lendo O bautismo prenatal
Galicia e os galegos na poesía castelá CVI. Unha monxa mexicana
Román Arén. É ben sabido que nos séculos XVII e XVIII foron abondosos as panxoliñas “de galegos”, é dicir, as escritas por non galegos non só no reino de Castela senón tamén no de Aragón (Segorbe, por exemplo) nos que os galegos son personaxes humildes (con biscaíños, xitanos, negros…) que van adorar o Neno e mesmo os autores remedan a nosa lingua o mellor que saben. As panxoliñas “galegas” e en galego non aparecen en Galicia ata finais do século XVIII e comezos do XIX. E estas panxoliñas non só se cantaban en Nadal, xa que tamén noutras festividades adoitaban escoitarse nas catedrais e igrexas. E esa moda pasou ao Novo Mundo, a América. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CVI. Unha monxa mexicana