Ignacio Castro Rey. Non somos racistas, pero hai que recoñecer que EEUU, na imaxe que nos brinda Moore, ponnos a proba. Fahrenheit 11/9, o último dos seus documentais, roza o tétrico. Moi triste ás veces, gracioso e provocador noutros momentos, intelixente e emotivo case sempre, fai que saiamos da sala co corazón nun puño. Na súa potencia arrepiante, esta vez non vemos a demagoxia. Si, o peor pode ocorrer entre nós. A aproximación que o autor de Roger & me e Bowling for Columbine fai ao complexo fenómeno chamado Donald Trump achégase agora, cun uso moi efectivo da cadencia sonora e visual, ao xénero de terror. Seguir lendo Urxente
Arquivo da categoría: Ensaio
Un dez relativo
X. Ricardo Losada. Recibín hai poucos días un dos traballos voluntarios máis curiosos da miña vida como profesor. Titúlase A relatividade do tempo e foi escrito por un alumno de 1º de Bacharelato para pedirme opinión sobre unha teoría súa sobre o tempo. Seguir lendo Un dez relativo
Paraíso
Agustín Agra. Eu, que descoñezo tantas cousas deste e doutros mundos e descreo de outras tantas, acredito na efémera existencia dos pequenos paraísos. Alguén a quen aprecio, fantasía con que este fique onde a casa dos avós e que, por forza, a lingua do paraíso ha de ser a que falan os seus pais. Na súa procura, teima en atopalo sempre entre dous ríos: entre o Eufrates e o Tigris, na linde metafórica dos desertos; no universo acuático da Amazonia ou no ensanguentado do Congo e o Zambeze; ao que nunca se retorna, entre o Ganxes e o Iamuna, ou o da eterna mutación entre as tres gorxas do Yan-Tze e o río das Pérolas. Seguir lendo Paraíso
As verdades da/o fala/o
Fidel Vidal. (A máscara non instaura unha distancia, senón outra proximidade –Claude Royet-Journoud-). A bioloxía ligada ao precioso seme, ao sangue dos Hardrada, do que tanto presume a Raíña Gerda (GERDA.- ¿Tés noxo do sangue dos Hardrada? (…) É un seme exquisito. Soamente dá dous abrochos cada xeración. É raro coma unha pedra preciosa), non é razón de paternidade nin de maternidade. Esta establécese a través da relación onde os roles póñense en marcha e vanse formando, non como home (Rei), muller (Raíña) e neno (Príncipe), senón en tanto pai, nai e fillo. Seguir lendo As verdades da/o fala/o