Arquivo da categoría: Ensaio

Un precursor no Barbanza

thumbnail_O escritor. Album_de_la_Caridad_capaPastor Rodríguez. Na literatura galega coñécense como precursores os escritores en galego anteriores a Rosalía de Castro e que publicaron os seus textos entre 1840 e 1862; isto é, do nacemento do Provincialismo -o primeiro galeguismo- á edición do Álbum de la caridad, libro de 1862 que levaba anexo un Mosaico poético de nuestros vates gallegos contemporáneos, organizado por Antonio de la Iglesia González (1822-1892), e que contiña corenta autores na nosa lingua, de Cernadas e Castro a Rosalía. O Mosaico é, en xeral, bilingüe, aínda que tamén contén un poema en francés e outro en latín, e moitos dos autores que escriben en galego son case descoñecidos. Seguir lendo Un precursor no Barbanza

Estampas de corrupción

barrañaAntón Riveiro Coello. O mapa da corrupción en España é desesperante. A percepción de que todo é sistémico e nada se pode facer convoca unha cultura da tolerancia. As novas na prensa e na televisión constrúen un odio unánime cara a ese sinistro pracer de roubar non só cantidades obscenas senón outras de menor entidade, á escala das posibilidades de cadaquén. Pero nós, estamos a salvo? A xustiza disuade? É talvez unha cuestión de educación? Esas son boas preguntas porque no cotián agroman os exemplos. Seguir lendo Estampas de corrupción

Pedindo paso

Matalobos
Matalobos

Francisco Ant. Vidal Blanco. É de sempre que os mozos pidan paso e ós vellos lles custe ceder o asento. Karan Mahajan, un escritor indio en lingua inglesa, que ós seus 34 anos xa é recoñeci-do con varios premios á calidade literaria, nunha historia curta narra como durante a lectura de presentación da nova obra dun escritor famoso, nun lugar exclusivo, e coa asistencia das primeiras plumas Seguir lendo Pedindo paso

A semente mais erótica

Inflorescência masculina e fruto feminino na porta duns banhos na Côte d’or de Praslin.
Inflorescência masculina e fruto feminino na porta duns banhos na Côte d’or de Praslin.

Alberte Pagán. Nas ilhas de Maldiva nasce a planta/No profundo das águas, soberana,/Cujo pomo contra o veneno urgente/É tido por antídoto excelente. Assi descreve Luís de Camões, nos Lusíadas (canto X, estrofe 136), esse estranho e cotizado fruto (“pomo”) que hoje chamamos coco-do-mar ou coco duplo e que crece unicamente em Praslin e Curieuse, duas ilhas do arquipélago das Seychelles. Mas quando Camões fazia a sua descriçom do mundo conhecido as Seychelles, desabitadas, estavam ainda por descobrir. Seguir lendo A semente mais erótica