Arquivo da categoría: Ensaio

Alén dos Barqueiros

anxomuin-os-ulin_1Oliveira Casal. Ás voltas anda no prelo a editorial cántabra Fanes coa primeira novela de Anxo Muíños. Hai un par de anos lemos con deleite literario e ideolóxico “Ulin”, poemario iniciático do autor de Taragoña en edición bilingüe. O personaxe protagonista, Ingemar Westterstrom, non dubida en iniciar unha singradura espiritual e física, de coñecemento e aventura, que o vai vir traendo da Grande Canle do río Gota ás beiras do Teixo. Só tiña saído de Suecia para achegarse ao encontro cos xitanos do mar, os mariñeiros galegos. Seguir lendo Alén dos Barqueiros

Ser ou non ser

1454969775_566789_1454970076_noticia_normalFidel Vidal.¿Sabes o que se preguntan as pantasmas cando se atopan? Pregúntanse: ¿cómo podemos ó mesmo tempo ser e non ser?” (Don Hamlet, Álvaro Cunqueiro). A pregunta polo ser leva implícita a cuestión do non ser. O ser como devir non pode ser outro que un ser-non-de-todo, dun case-ser, dunha forma de ser, dun ser para-si sartreano. Que pasaría se no famoso cadro da pipa de Magritte en lugar de “Isto non é unha pipa” escribira “Isto é unha pipa”? Cal sería a verdade? En calquera das dúas cuestións, en efecto, Isto non é unha pipa, é un Isto; mesmo tampouco sería o debuxo presente da pipa, ao se tratar dun debuxo. Se dicirmos Isto é unha pipa, poderíamos apoialo desde a fórmula matemática, Isto = pipa, do mesmo xeito que A = 2. Seguir lendo Ser ou non ser

Tres cancións e un algoritmo

Abba-dressed-for-stage-004X. Ricardo Losada. Acabo de facelo. Escoitei as tres cancións que un estudo psicolóxico da universidade de Groninga (Holanda) considera que teñen un efecto instantáneo máis positivo no estado de ánimo. Don´t stop me now de Queen, Dancing queen de Abba e Good vibrations de The Beach Boys. Os psicólogos usaron fórmulas matemáticas derivadas de varios factores emocionais e analizaron cancións dos últimos 50 anos. Sinto contrariar o estudo. Nin me levantaron o ánimo nin me emocionaron nin me fixeron mover os pés. Seguir lendo Tres cancións e un algoritmo

A voz do progreso

O Andel. De_Maria_Vinyals_a_Maria_LluriaRomán Arén. Aurora Marco, en colaboración con Mª Ángela Comesaña, pon agora o ramo a unha investigación que xa comezara en 1993, no libro pioneiro As precursoras, sobre a figura de María Vinyals y Ferrés, a marquesa de Ayerbe, nacida en 1875 en Soutomaior e que coñeciamos como historiadora polo seu libro El castillo del marqués de Mos en Sotomayor. Apuntes históricos (1904), de quen agora se nos dan a coñecer novos aspectos: o xornalismo, a novela (Rebelión, 1905), a tradución. Unha muller que foi da aristocracia á liberdade, o feminismo e o progreso. Seguir lendo A voz do progreso