Fidel Vidal. Quen son papá e mamá? Os directores de cine clásico expresan ben o comezo da historia. Un cuarto pechado, o pai fóra paseando nervioso, unha muller que sobe cunha ola de auga quente, o pai pasea, fuma, volve, vai e vén polo corredor. Un silencio tenso. De súpeto o pranto dun neno: unha nova vida entra na casa. Do pranto á metáfora. Que comunica máis, un discurso ou o rebulir dun novo ser no ventre da nai? Un parrafeo, un pranto, ou unha mirada fugaz e de esguello? Que llo pregunten a Baudelaire. Por non falar dos ollos do fillo cravados nos da nai, ese primeiro enganche dual dunha penetrante unión. A mirada… Comprobade o efecto que ten o simple feito de colocar uns “ollos”, uns botóns, a calquera obxecto ou garabato. Seguir lendo Papá e mamá
Arquivo da categoría: Ensaio
Da outra banda da ponte de Brooklyn

Oliveira Casal. Algunhas mañás, de cando en vez, abrimos os ollos á paisaxe. Como se non tivese estado aí o día anterior. Como se alguén amañase para nós un decorado. A luz ilumina e configura o mundo. Como vampiros que descorren o pano da morte, miramos o universo con ollos novos. Seguir lendo Da outra banda da ponte de Brooklyn
Galicia e os galegos na poesía castelá. Rodolfo Serrano e Valle-Inclán. CLX
Román Arén. Non coñecín a poesía de Rodolfo Serrano, mais polo seu último libro, El frío de los días (2021), descubro que este é o seu décimo poemario e que músicos como Javier Nervio, Ismael Serrano ou Andrés Molina puxeron música a algúns dos seus poemas. O autor naceu en 1947 en Villamanta (Madrid) e foi xornalista, premiado polas súas crónicas parlamentarias editadas en <El País> e, ademais, gañou o Premio Mesonero Romanos pola súa colección de artigos “Historias de Madrid”. Fóra diso, publicou ensaios, novelas e libros de historia. No volume El frío de los días, subtitulado “Viejos tangos encontrados en una maleta”, atopo o poema “Noche en la aldea”, adicado a Valle-Inclán, ou, mellor, a Bradomín. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. Rodolfo Serrano e Valle-Inclán. CLX
Adicto á eternidade
X. Ricardo Losada. Cando somos nenos ou adolescentes imos a poucos enterros, pero todos aos que asistimos teñen unha intensidade tráxica moi alta, xa que, por seren dun familiar moi próximo ou dun amigo da nosa idade, non podemos consolarnos dicindo Morreu no seu tempo ou Era o mellor que lle podía pasar. Porén, a medida que pasan os anos, aumenta o número de enterros aos que asistimos, pero a dor perde intensidade, agás en casos moi concretos, do mesmo xeito que perde temperatura un cuarto se abrimos as portas e as ventás. Seguir lendo Adicto á eternidade