Arquivo da categoría: Ensaio

Memoria sempre

descargaXosé Manuel Lobato. Acaso, cando non queremos asumir responsabilidades, non é bo ter unha casa en estado ruinoso para culpabilizala de todo aquilo que fixemos. Acaso, non desacouga e doe o feito de esquecer ou mesmo ignorar aquilo de onde vimos. O noso pasado debe de estar e coñecerse no presente para visualizar un futuro sen nubeiros sobre terra queimada. Aí atrás comezou na vila de Rianxo, un Ciclo sobre a memoria histórica, dende novembro e ata maio: diversas actividades e conferencias forman parte deste evento tan necesario. Os actos están organizados pola UNED sénior, aula de Rianxo, coa colaboración do concello rianxeiro. Seguir lendo Memoria sempre

Galicia e os galegos na poesía castelá LXXV. Laverde Ruiz

laverdeRomán Arén. O santanderino Gumersindo Laverde Ruiz (1840-1890) foi profesor en Galicia e no noso país editou os seus Ensayos críticos sobre filosofía, literatura e instrucción pública españoles (Lugo, 1968). Moi amigo de Menéndez Pelayo, foi coma el antikrausista, pero foi tamén poeta e en 1951 reuníronse os seus versos nunha Antología. Na súa correspondencia co polígrafo santanderino coma el, hai alusións a Rosalía: “Estoy leyendo Follas Novas de Rosalía Castro de Murguía, gran poetisa y maestra del habla gallega; pero tocada del pesimismo escéptico de Heine y Bécquer, que descorazona”. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LXXV. Laverde Ruiz

Limiar do Anuario de Estudos do Barbanza 2017

anuarioX. Ricardo Losada. Leo nun artigo de Ignacio Echevarría: “Nuestra época, sí, parece plantear la disyuntiva entre la especialización exclusivista, que abonan los circuitos académicos y las dinámicas científicas, y el frívolo picoteo del intelectual mediático, solicitado por y para todo tipo de asuntos, fiado de su ingenio, en efecto, y entregado a su voluptuosidad”. Ao pouco mándame un correo electrónico o imprescindible Manuel Cartea, e recórdame que teño que escribir o limiar para o anuario deste ano. A pesar de que escribín todos os limiares dos anuarios publicados, a miña primeira reacción é volver sentirme un intruso. Seguir lendo Limiar do Anuario de Estudos do Barbanza 2017