Fidel Vidal. O pai biolóxico non existe. O argumento do sangue (especialmente socorrido en termos xudiciais) non é válido porque non é un argumento: é lei. Se algo abonda no ámbito biolóxico son o denominados proxenitores. A relación sexual xenital debería establecer unha conexión co gozo e non coa procreación. A certeza da relación entre coito e embarazo foi tardío na historia do home. Seguir lendo O pai verdadeiro
Arquivo da categoría: Ensaio
Rajoy en Texas
Antón Riveiro Coello. Non hai moito que nos deixou Sam Shepard e agora Harry Dean Stanton, enfiados os dous na memoria por unha película maxistral onde o primeiro foi guionista e, o segundo, actor principal. Todos os anos non me resisto a ver Paris-Texas, unha das miñas películas favoritas, sobre todo polos quince minutos iniciais Seguir lendo Rajoy en Texas
O alarido dun neno
X. Ricardo Losada. Encántanme os nenos, pero non teño, nin moito menos, unha visión idílica. Disfruto xogando e paseando con eles, pero ás veces danme ganas de… De feito, dúas das escenas máis sinistras que teño vivido proceden do mundo da infancia. A primeira, un neno que berrega polo biberón. Como dixo alguén, dá a impresión de que por conseguilo sería quen de destruír o universo enteiro. A segunda, un neno que chora desesperadamente, mesmo dando a impresión de que lle vai dar un ataque ao corazón, porque os pais non lle cumpren un capricho e, en canto llo cumpren, en milésimas de segundo, pasa ao estado emocional antagónico, o da plena felicidade, cun sorriso que para si quixera un psicópata e asasino en serie. Seguir lendo O alarido dun neno
A Venus birolla

Francisco Ant. Vidal Blanco. Que Venus fose birolla -que o era- non lle quita méritos ós seus encantos e beleza sempre moi por encima de tan cativo defectiño, tanto así que agora mesmo, facendo memoria, non lembro nin un só retrato seu, pintura ou escultura en que se represente con esa sombra estrábica. Seguir lendo A Venus birolla