Arquivo da categoría: Ensaio

O enigma da Esfinxe

edipo y la esfingeFidel Vidal. A Esfinxe, metade humana e metade fera, é un enigma en si mesma: a parte superior corresponde a unha muller con peitos prominentes, e a inferior a un león con ameazantes garras. “É un símbolo ao mesmo tempo da boa nai nutricia e da mala nai destrutiva. Simboliza o medo do neno a que, posto que el desexa devorar a súa nai para que sexa toda súa e nunca poida abandonalo (unha idea coas orixes no feito de que o neno come a nai cando esta o aleita), ela á súa vez desquítase devorándoo a el” (B. Betthelheim). Seguir lendo O enigma da Esfinxe

Jerjes Jajá

jerjesX. Ricardo Losada. Puxen o título deste texto sen saber de que falar, así que pido desculpas se me sae unha parvada. Vendo no canal de Historia un documental, mencionaron o rei persa Jerjes e, de súpeto, pensei Jerjes Jajá. Son ese tipo de cousas ás que os psicólogos lles sacan moito partido descubrindo asociacións inconscientes, pero a min non me van ese tipo de solucións. Menos aínda nese caso pois era moi evidente que asociara Jerjes con jajá porque en vez de Jerjes o meu inconsciente (xa vedes, non hai forma de escapar dos psicólogos) debeu oír Jeje. O resto é obvio. Un tipo coma min non podía deixar escapar a oportunidade de escribir un texto con ese marabilloso e risoño título. Jerjes Jajá. Seguir lendo Jerjes Jajá

Mapas políticos e mapas físicos, ou Hai lémures em Europa?

A "mesquita máis velha da França"
A “mesquita máis velha da França”

Alberte Pagán. De cativo, na escola, sempre me surprendia o dado de que a montanha mais alta do Reino de Espanha fosse o Teide, um afastado volcám que se topava além o oceano. Tampouco nom entendia a existência da Europa como continente, pois contradizia a definiçom do termo. A medida que um ia madurando politicamente começava a entender a orige destas mentiras lingüísticas que, no fundo, eram (som) mentiras políticas. Seguir lendo Mapas políticos e mapas físicos, ou Hai lémures em Europa?