Arquivo da categoría: Ensaio

Corpo e redención

resurreccionFidel Vidal. A experiencia da alma sen corpo, o arroubo, a éxtase, á que se quere chegar mediante a “contemplación”, é semellante a unha vivencia de desdobramento que se dá nos trastornos histéricos de despersonalización, como estar fóra do corpo para velo non desde dentro ou como reflectido nun espello, senón para ollalo desde a distancia, desde fóra. Saír dun mesmo e verse cara a cara en dualidade. Filiberto Fernández escribiu un libro titulado Psique sen corpo que podería dar nome a este desexo dos que consideran o corpo como un impedimento ou atranco para se achegaren á beira de Deus.    Seguir lendo Corpo e redención

A felicidade

felicidadeAntón Riveiro Coello. A felicidade para un meu veciño estrafalario consiste en xantar un cocido no verán na casa da nai e despois tomar un coñac deitado ao sol. A isto engádelle o que xa sería a gloria: tocar nunha orquestra e morrer en plena actuación en calquera festa. Algúns non somos tan rebuscados e abóndanos con ler un libro á sombra dunha árbore escoitando o fragor eufórico da marea sobre a area da praia. Seguir lendo A felicidade

Enmeigada hora de medianoite

índiceGonzalo Trasbach. Enmeigada hora de medianoite. Fóra: luces, voces, berros, sonoras gargalladas. Dentro: sombras, silencio, o compasado alentar do corpo do teu amor. Po. Po namorado como cantaba o clásico. Voas alto e raso. Cruzas o ceo e o océano. Había un diminuto colibrí naquela estancia de Bos Aires. Fermoso paxaro. Nunca antes o viras en estado de liberdade. Marcelo franqueou as grandes ventás. Saíu. Perdeuse na azulada tarde bonaerense. Riquísimas fauna e flora naquel country onde fixemos noite, agora atravesando e desfilando polo teu lixeiro adormecemento. Seguir lendo Enmeigada hora de medianoite

O pavo de Lobato

pavo1X. Ricardo Losada. Escribín unha novela ambientada en Rianxo, e tiña medo a algunhas reaccións. Sempre hai persoas que interpretan as ficcións como fotografías de feitos reais, e iso podía dar pé a rexoubes, ben ou mal intencionados. Non foi o caso. Demostrando unha gran madurez lectora, a crítica máis forte que me fixeron os rianxeiros foi que nunha escena ambientada en Noiteboa, os protagonistas cean pavo cando o típico en Rianxo é cear galo da casa. En canto mo dixeron, decateime de que tiñan razón, e quedei fondamente consternado. Non comprendía como, despois de tantas revisións da novela, non me decatara. Seguir lendo O pavo de Lobato