Corpo e redención

resurreccionFidel Vidal. A experiencia da alma sen corpo, o arroubo, a éxtase, á que se quere chegar mediante a “contemplación”, é semellante a unha vivencia de desdobramento que se dá nos trastornos histéricos de despersonalización, como estar fóra do corpo para velo non desde dentro ou como reflectido nun espello, senón para ollalo desde a distancia, desde fóra. Saír dun mesmo e verse cara a cara en dualidade. Filiberto Fernández escribiu un libro titulado Psique sen corpo que podería dar nome a este desexo dos que consideran o corpo como un impedimento ou atranco para se achegaren á beira de Deus.   

O emblema de Deus encarnado era o corpo sufrinte, supliciado, de Xesús Cristo. A proba de que un corpo foi exposto ao real –en termos de Alain Badiou- é a ferida.  Como proceso, segundo Badiou, unha verdade é un corpo sufrinte (á luz dos seus compoñentes) e, ao mesmo tempo, impasible (polo seu ser como idea). A crueldade, seguindo a mesma liña, non é un problema, é un momento, só un intre: “o da unión paradoxal entre corpo sufrinte e corpo impasible”.

Sen encarnación non hai redención posible. A materia resucitou ao Deus e o Deus resucitou a materia na realidade “pneumosomática” do Cristo. Este é o misterio central do cristián, a materia real animada, o corpo resurrecto. (J. A. Valente, Variacións sobre o paxaro e a rede)

emcarnacionEncarnación non é sinónimo de resurrección. Un morto resucita, revive e reanímase. Faise ou toma carne ou espírito. Anímase a pedra na man dun cativo, ao convertela en paxaro ou en ra. E o corpo pode ser cousa ou po na súa fantasía. Cando o cativo pecha os ollos o mundo desaparece. “Non somos anxos”, dicía Santa Teresa, “pois temos un corpo”. E non esquezamos que o corpo é o “lugar do gozo” (Lacan), entendendo que o gozo non significa pracer senón un estado máis alá do pracer. (J. D. Nasio, 5 leccións sobre a teoría de Jacques Lacan).

O místico adopta unha definitiva relación co corpo, insiste Valente. Non hai experiencia espiritual sen a complicidade do corpóreo. A aventura do espiritual é unha aventura do corpóreo. E iso debería resultar ben claro desde unha mística cristiá, onde “na extrema aventura espiritual situarase a aventura extrema do corpo, do corpo resurrecto, o escándalo da resurrección. A nova do Evanxeo é unha nova carnal”.

Contrariamente aos evanxeos canónicos -anota H. Bloom (Onde se atopa a sabedoría?)-, o de Tomás afórranos a Crucifixión, fai que a Resurrección sexa innecesaria e non nos presenta un Deus chamado Xesús. “Se les o Evanxeo de Tomás, atópaste cun Xesús sen patrocinador e libre”.

 

3 comentarios en “Corpo e redención

  1. Querido Fidel,
    Celebro leer este post.
    “Noli me tangere”.
    El cuerpo es algo que se puede ver… y tocar. Llama la atención que, en el evangelio de Juan, muy próximos entre sí, hay dos versículos. Uno es referido a esa advertencia a la Magdalena (“no me toques” Jn 20,17). En otro, se le pide justamente lo contrario al incrédulo Tomás (“trae tu mano y métela en mi costado” Jn 20,27). Ambos aluden a la extrañeza propia o ajena del cuerpo, esta vez resucitado.
    Antes, San Pablo dice en su primera carta a los Corintios que “se siembra un cuerpo natural, resucita un cuerpo espiritual” (1 Co 15,44). Siempre un cuerpo. Se entienda como se entienda. Siempre lo singular corporeizado.
    Evitando o invitando al contacto, el resucitado no se concibe a sí mismo como un fantasma (hay más lugares en los que se expresa esto en el Evangelio) sino como un cuerpo que incluso come. Efectivamente, la “buena noticia” es carnal.
    Un gorrión, una flor, una mitocondria, nos muestran el misterio de la vida. Esa extraordinaria complejidad hecha misterio corpóreo a todas las escalas de contemplación posible.
    La mística cristiana no es referida a una fusión con el todo como la de una gota de agua en el mar, sino más bien a un darse cuenta íntimo de lo espiritual que es lo corpóreo, y que nos une al Gran Misterio, al no saber y confiarse en esa ignorancia accesible.
    El ateo Sagan decía que éramos polvo estelar, ya que muchos de nuestros átomos han surgido de procesos previos a la muerte de estrellas. ¿Hay mayor creencia que aceptar lo que vemos con mayor claridad? Cuerpos estelares de los que proceden los cuerpos humanos.
    Estrellas, luz… “Stella matutina”. Una mirada basta.
    Un abrazo,
    Javier

    1. Benqueridos Magdalena e Javier:
      Unha doce mirada e unha forte aperta, ambos os dous desde a sinxeleza corporal dos meus ollos e destes meus brazos. Grazas pola vosa atenta e sempre iluminadora lectura. Así dá gusto! E que un alegre trino nos acompañe a todos.

  2. Querido Fidel: Siempre es un placer leerte aunque esa lectura sea muy compleja para mí, pero referente al evangelio apócrifo de Tomás donde dice que Jesús va por libre, quiero que veas algo que seguramente ya conocerás, es de san Juan de la Cruz acerca de la Santísima Trinidad. Es así: “En el principio moraba/el Verbo, y en Dios vivía/en quien su felicidad/infinita poseía. El mismo Verbo Dios era, /que el principio se decía/él moraba en el principio/y principio no tenía. Él era el mismo principio/por eso dél carecía/el Verbo se llama Hijo/que del principio nacía. Y así, la gloria del Hijo/es la que en el Padre había,/y toda su gloria el Padre/en el Hijo poseía. Con el uno y con el otro/ en igualdad y valía,/tres personas y un Amado/entre todos tres había.
    Un abrazo corpóreo y místico al mismo tiempo. Que el Trino te acompañe siempre, Fidel.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *