Cáscara de nuez, de Ian McEwann

cascaraXerardo AgraFoxo. O protagonista desta obra é o mesmo narrador, un ser que aínda non naceu ( “Así que aquí estou, cabeza abaixo dentro dunha muller”). Dende o seo materno non só comprende a realidade internacional (Desunión Europea ou o drama dos refuxiados) e sente debilidade literaria por James Joyce, pois escoita a radio e os libros audio que le súa nai, senón que é testemuña privilexiada da preparación dun crime: o que trama súa nai (Trudy) e o seu amante (Claude), un prosaico axente inmobiliario que, ademais de lle pór medo cos seus accesos  amatorios (“En cada envite do seu pistón teño medo de que traspase, de que me penetre os tenros ósos do cranio”), é irmán de seu pai, (John), un poeta fracasado que intenta superar os problemas matrimoniais e salvar o seu negocio editorial. fotonoticia_20170310132656_640Aínda que a causa principal que provoca este thriller angustioso é unha casa xeorxiana valorada nuns poucos(?) millóns de  libras esterlinas. Un crime que semella o do pai do príncipe de Elsinor, Hamlet, a obra de onde se tira este título (“Oh, Deus, podería estar encerrado na tona dunha noz e sentirme o rei do infinito espazo”) desta sorprendente obra, na que se ofrece unha aceda reflexión sobre a condición humana a través dun nonato, inusual voz narrativa, que demostra unha gran capacidade “críptica” e un elevado sentido do humor. É dicir, o espello dun Ian McEwan en perfecto estado de forma. Un  drama onde o autor de Expiación ou A lei do menor, aborda algún dos seus temas preferidos como a corrupción, a violencia doméstica ou a vulnerabilidade dos nenos.

Un comentario en “Cáscara de nuez, de Ian McEwann

  1. Buenas noches Xerardo: Me parece un tema interesantísimo el del libro que recomiendas. Creo que es la primera vez que oigo decir que un no nacido es el que relata la propia historia y me parece muy original. Lo anotaré para que no se me olvide el título y miraré a ver si lo encuentro. Me encantaría leerlo.
    Gracias a todos los que recomendáis libros.
    Un saludo desde Palmeira.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *