Agustín Agra. Cosmos, no contexto da divulgación científica é palabra de enorme significado. Este día, recomendación de Manolo Castro, compañeiro xa retirado, comecei a ver os trece episodios, emitidos en 2014, de Cosmos: A Spacetime Odyssey, obra continuadora e, asemade, homenaxe da lendaria Cosmos: unha viaxe persoal. Seguir lendo Cosmos
Arquivo da categoría: Ensaio
Unha reflexión sobre Ética da desorde, de Ignacio Castro
Javier Peteiro. Moi recentemente viu a luz unha obra de Ignacio Castro Rey. O seu título, “Ética del desorden. Pánico y sentido en el curso del siglo”, chama a atención porque é difícil imaxinar a priori que é unha ética da desorde. Imos vendo a medida que lemos. O texto, no que apenas se usa o termo “ética”, suxire que esta ten unha forte relación con mostrar a desorde mesma e a súa importancia vital. Unha desorde do mundo, desorde do ser humano, que facilita a creatividade e o amor, e que é asfixiado por imposicións reguladoras do tempo de traballo e de vida, do modo de linguaxe, de todo o que abrangue á civilización. E é ao mostrar esa desorde que vemos como “la rutina, la inercia de lo familiar es indispensable para vivir, pero también es el peor enemigo de lo primero, la percepción” Seguir lendo Unha reflexión sobre Ética da desorde, de Ignacio Castro
Melopea de esposos e amantes
Fidel Vidal. Da lenda “Deus é Amor” o que menos lle importa a Deus é o amor; seica está máis interesado na súa demostración. Porque non abonda con amalo, antes hai que pasar polo aro dos sacrificios para confirmalo. E dicirllo, dicirllo constan-temente, día tras día, hora tras hora, mediante cerimonias e oracións. O suposto achegamento a través da palabra, rezo tras rezo, e da palabra feita carne. Velaquí o corpo erótico. Eros é amor. Amor corporal se pretende ser espiritual. O erotismo sagrado da experiencia mística ansía unicamente que nada perturbe o suxeito. Seguir lendo Melopea de esposos e amantes
Crecen as pedras
X. Ricardo Losada. Quero compartir de novo con vós un fermoso comentario de Magdalena, neste caso a un interesante artigo de Fidel Vidal. Vai con Emma, a neta, coller amoras a Chacín, un lugar silencioso (máis a esa temperá hora da mañá) con moi boas vistas á ría de Arousa. De súpeto a nena dille: “Avoa, escoita”. “Que teño que escoitar?”, pregúntalle Magdalena. E a nena contesta: “O silencio, avoa, escoita o silencio”. Seguir lendo Crecen as pedras